Este traballo realízano os alumnos e alumnas despois de estudar os principios físicos fundamentáis que explican o funcionamento dos circuitos eléctricos. Cando cunha pinza de cocodrilo tocas no nome dun río, e coa outra tocas no lugar correspondente do mapa. pechas un sinxelo circuito eléctrico e acéndese o diodo led de color verde.Neste vídeo podemos ver o funcionamento do xogo construído por Marta e Sara
Os alumnos e alumnas constrúen este sinxelo timbre. Cando pulsamos o pulsador, pechamos o circuito que activa un electroimán. Este electroimán atrae á folla de serra que se move golpeando ó tornillo e producindo un sonido. Ao moverse a folla de serra, o circuito ábrese e deixa de circular a corrente. Así o electroimán perde a súa capacidade de atracción e a folla volta ó seu stio pechándose o circuito de novo. Este proceso repítese moitas veces nun segundo.
Cando o timbre funciona, podemos observar o arco eléctrico que se produce polo paso da corrente polo aire cando se separa a folla de serra do tornillo pequeno. Neste vídeo podemos ver o funcionamento do timbre eléctrico construído por Rubén y Rodrigo.
Un potenciómetro ven sendo unha resistencia de valor variable. A medida que desplazamos a pinza polo fío de aceiro, engadimos máis material resistente ao circuito, facendo así que circule menos intensidade de corrente e a bombilla brile menos. Lembra que canto máis longo é o cable, máis resistencia ten. Neste vídeo podemos ver o funcionamento do potenciómetro construído por Santi e Carlos.
Os alumnos e alumnas realizan numerosas prácticas de electricidade e electrónica entre as que se encontra este sensor electrónico de luz. Cando se fai de noite, a carencia de luz é detectada polo fototransistor que se abre e activa o transistor bipolar BC548 e, deste xeito, o led acéndese.Neste vídeo podedes ver o funcionamento do sensor de luz construido por Santi e Miguel.
Os alumnos e alumnas deseñan e constrúen un faro con funcionamento automatizado. Conséguese o encendido e apagado automático da lámpada do faro grazas a un programador mecánico de bote que ao xirar pecha e abre o circuito da devandita lámpada.Neste vídeo podedes ver o funcionamento automático do faro construído por Ramón e Jose.
O motor consta dun electroimán (bobina) que xira dentro do campo magnético creado por dous imáns naturais. A bobina busca colocarse nese campo magnético cos seus polos enfrentados cos opostos dos imans naturais. Esto nunca chega a suceder porque cambiamos continuamente o sentido da corrente no colector do motor. Neste vídeo podedes ver o funcionamento do motor eléctrico construido por Santi e Miguel.
O alumnado de 4º de ESO emprega un sistema CAD sinxelo (Funcad) para facer uns debuxos no ordenador. Posteriormente, un sistema CAM didáctico (Funcam) corta a figura en porexpan mediante un fío quente.
O alumnado de cuarto programa en Basic unha tarxeta de control na que podemos conectar todo tipo de dispositivos. Neste caso conectamos unha placa con catro semáforos correspondentes a un cruzamento de rúas.
O alumnado de cuarto programa en Basic unha tarxeta de control na que podemos conectar todo tipo de dispositivos. Neste caso conectamos unha placa con catro semáforos correspondentes a unha travesía.