SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

Os alumnos do IES de Barro, xunto cuns seis mil estudantes máis doutros institutos galegos seguiron o martes día 6 de novembro unha videoconferencia en tempo real sobre física de partículas protagonizada por varios físicos galegos que traballan en experimentos do laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) dende Santiago, Lisboa e a propia sede da institución, en Xenebra.