Skip to Content

Procedemento de saída do alumnado do centro no curso 23-24

Co obxecto de facilitar e axilizar a saída do alumnado do centro, elaboramos un procedemento que establece unha prioridade na saída.

 

A orde será a seguinte:

 

1º- Alumnado acompañado por persoa autorizada, que deberá ser recollido dentro do recinto.

 

Se o adulto responsable non se atopa dentro do recinto no momento da saída, o alumnado sairá no último lugar.

 

2º- Alumnado usuario do transporte escolar.

 

3º Alumnado que sae camiñando. Deberá circular pola beirarrúa.

 

Equipo directivo do IES de Barro.

LIBROS DE TEXTO 23-24

O IES de Barro, que participa no proxecto E-DIXGAL, conta para toda a E.S.O. con libros en formato dixital.

Non obstante, hai un caderno en soporte papel que teñen que comprar as familias:

 

1º ESO

Teamwork ESO 1 Workbook

Burlington

978-9925-30-509-4

2º ESO

Teamwork ESO 2 Workbook

Burlington

978-9925-30-463-9

3º ESO

Teamwork ESO 3 Workbook

Burlington

978-9925-30-469-1

4º ESO

Teamwork ESO 4 Workbook

Burlington

978-9925-30475-2

IES BARRO: VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

IES DE BARRO

VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

Solicitude de Admisión para o curso 2023-2024

Solicitude de Admisión para o curso 2023-2024
 
Prazo : do 1 de marzo ao 20 de marzo
 
A solicitude será única e presentarase por medios telemáticos na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou ben na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.
 
Achegar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

RESERVA PRAZA PARA O CURSO 2023/2024 NO BACHARELATO (IES XUNQUEIRA I)

RESERVA PRAZA PARA O CURSO 2023/2024 NO BACHARELATO (IES XUNQUEIRA I)

TODO O ALUMNADO DO IES DE BARRO, QUE FIXO RESERVA PARA O VINDEIRO CURSO NAS DISTINTAS MODALIDADES DO BACHARELATO, FOI ADMITIDO NO I.E.S. A XUNQUEIRA I.

 

 

Barro, 27 de febreiro de 2023.

RESERVA DE PRAZA PARA 1º ESO CURSO 2023-2024

RESERVA DE PRAZA PARA 1º ESO CURSO 2023-2024
Informamos que tódalas solicitudes de reserva de praza para 1º ESO para o vindeiro curso presentadas polo alumnado do CEIP Amor Ruibal foron admitidas e obtiveron praza.

Dúas viaxeiras americanas visitan o IES de Barro

O Departamento de Inglés do IES de Barro organizou unha actividade para fomentar a práctica oral da lingua inglesa grazas á visita de dúas viaxeiras americanas que foron entrevistadas polo alumnado dos diferentes grupos.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

Inícianse os trámites do procedemento coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición: O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado

 

Normativa de aplicación:

  • •.Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

  • •.Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

CHARLA DE DOAZONS E TRASPLANTES PARA 3º E 4º

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre o programa de divulgación en doazón de transplantes de órganos e tecidos. Impartida polo Doutor Arruti, contou tamén coa testemuña de Dolores, persoa receptora dun órgano.

MAGOSTO 2022

O pasado 3 de novembro celebramos no IES de Barro o noso magosto. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou para ese día un concurso de sobremesas de outono que obtivo moi boa resposta, xa que foron dezaseis as elaboracións presentadas.

Houbo mostras da repostería máis tradicional como a torta da avoa, as chulas, a torta de café ou de chocolate, os biscoitos de chocolate, de iogur ou de cabaza e noces, as madalenas, o brazo de xitano ou o pastel de cabaza; pero tamén outras máis inovadoras como a torta de obleas ou as madalenas de chocolate e laranxa.

Aproveitando a proximidade do Samaín, moitos dos nosos reposteiros reflectírono na decoración: cabazas, ataúdes, pantasmas, lápidas, arañeiras, moitos ollos sanguentos... Con todo, a máis sorprendente resultou a sobremesa gañadora do primeiro premio: un terrorífico cerebro, con arañas incluídas, presentado por Lorena Vázquez, de 4º de ESO.

O segundo premio foi para o saboroso biscoito de chocolate de Lucía Estonllo de 3ºde ESO e o terceiro obtívoo a sobremesa de dúas alumnas de 3º de ESO, Aroa Vicente e Saray Viqueira, que ademais acompañaron a súa torta cun divertido vídeo no que explican todo o proceso de elaboración.

A partir do primeiro recreo toda a comunidade educativa puido gozar dos xogos organizados polo Departamento de Educación Física coa colaboración do alumnado de 4º de ESO: birlos, brilé, carreiras de sacos, carreiras por parellas cos pés atados, lanzamento de aros, lanzamentos de castañas e sogatira.

Aínda que xa despois do segundo recreo puidemos degustar unhas riquísimas castañas asadas no mesmo patio do IES, foi despois de rematados os xogos cando saboreamos todas as sobremesas e recuperamos forzas de cara a fin de semana.

 

SAMAÍN NA AULA DE INGLÉS

O alumnado de primeriro da ESO celebrou Halloween un ano máis.

AMPLIACIÓN DO VALE PARA ADQUIRIR MATERIAL

AMPLIACIÓN DO VALE PARA ADQUIRIR MATERIAL
A Consellería de Educación ampliou á axuda para material escolar para este curso 2022-2023.
Tódalas persoas que xa foron beneficiarias da axuda recibirán un vale adicional de 25 €.
Xa podedes recollelos na conserxería do instituto.

Modificación da Concreción Curricular 2021-22

ACTIVIDADES 1º y 2º ESO

Nos encanta leer y, un año más, leímos El Principito en 1º de ESO e hicimos nuestro propio libro. También en 1º y 2º de  ESO participamos en el concurso de Portadas de Libro en Inglés e hicimos nuestra propia biblioteca.

 

21 DIAS EN GALEGO

O martes 1 de febreiro inaugurouse no IES a actividade 21 DIAS EN GALEGO organizada polo Equipo de Normalización:

Enlace coa documentación Edixgal para as familias:

Distribuir contido


by Dr. Radut