Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

Inícianse os trámites do procedemento coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición: O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado

 

Normativa de aplicación:

  • •.Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

  • •.Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE RESERVA.pdf1.23 MB


story | by Dr. Radut