Skip to Content

Obradoiro de Realidade Aumentada - Curso 2020-21

Este curso 2020-21, a pesar das dificultades que tivemos para manter as clases presenciais, tivemos a gran sorte de contar co divulgador científico David Sebastián, nun obradoiro de Realidad Aumentada. 

Amosounos multitud de aplicacións de divulgación para contidos educativos e de publicidade, como os do Camiño de Santiago. 

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO, aprendeu a crear filtros para Instagram e Facebook dun xeito moi sinxelo. Nun deses filtros empregaron unas imaxes de mosaicos que o alumnado tiña preparadas con GeoGebra. Resultou moi creativo e divertido.

 

Grazas a David Sebastián e a Biblioteca do Concello de Barro por organizar este tipo de actividades e ofrecernos a oportunidade de participar nelas, sobretodo neste curso tan complicado.

 

 

 

 

Álbum: CURSO 2020-2021 -> OBRADOIRO REALIDADE AUMENTADA


album | by Dr. Radut