Skip to Content

CAMPIONATO ZONAL DE ORIENTACIÓN

O pasado 12 de febreiro de 2019 celebrouse no Casino Mercantil de Pontevedra a Fase zonal do Campionato de Orientación na que competiron 199 alumnos, dos que 62 eran alumnos do IES de Barro.

A alumna do IES de Barro Sara de 2º ESO proclamouse Campiona Zonal na categoría infantil feminino; o alumno Álvaro, de 3º ESO A proclamouse Campión Zonal na categoría cadete masculino; e a alumna Lucía G., de 3º ESO-B proclamouse Campiona Zonal na categoría cadete feminino.

Desde a dirección do centro, así como desde o departamento de Educación Física, felicitan atodo o alumnado participante no campionato escolar polos bos resultados acadados.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut