Skip to Content

Actividades co alumnado

COÑECE O MEU CLUB -15 NOVEMBRO

O club Boa Vila Basket de Pontevedra desenvolveu unha sesión de iniciación ao baloncesto a todos os alumnos do instituto durante as súas clases de Educación Física. COÑECE O MEU CLUB, é unha actividade que se encadra dentro do Programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte oferta dentro do Plan Proxecta no que participa o instituto.

 

CURTACIRCUITO (1 DE OUTUBRO)

O martes 1 de outubro o alumnado de 3º e 4º visitou o festival de curtas "Curtacircuito" de Santiago de Compostela. O profesor Toño Pena foi recoñecido pola calidade e a temática das curtas realizadas co alumnado do IES durante os últimos cursos. 

 Aproveitaron o desprazamento para visitar a Cidade da Cultura e San Domingos de Bonaval. Acompañáronos as profesoras Araceli, Susana Rodríguez e Esperanza. Se queres ver mais fotos fai clic.

GALERIA

THE BIG CHALLENGE

 Durante o curso 2018-2019, o alumnado de primeiro e segundo participou no concurso online "The Big Challenge" na clase de Inglés. En primeiro gañaron Rubén e Sara, e en segundo, Ismael e Alba.

PRESENTACIÓN OBRADOIRO DE RADIO

O xoves 20 de xuño o alumnado do IES asistiu á presentación do Obradoiro de RADIO que vai desenvolver en xullo no Concello de Barro. Puidemos gozar cunha entrevista a Candido Pazó:

ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO

O xoves 23 o alumnado de primeiro e segundo visitou o Centro de Arte Rupestre de Campolameiro acompañado polos profesores Elena, Juan e Agustín. A visita foi organizada polo profesor de Sociais Juan.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2019

Todo o alumnado asistiu ao Festival das Letras celebrado no instituto o luns 20 de maio pola tarde. Foi organizado polos profesores Miro e Xosé coa colaboración de varios alumnos e alumnas de diferentes cursos:

CAMPIONATO GALEGO ORIENTACIÓN

As alumnas Candela, Sarai e Nerea participaron no Campionato Galego de Orientación celebrado o sábado 4 de maio en Cenlle. O profesor de Educación Física Damián acompañounas na actividade:

 

FESTA DA LINGUA 2019

O alumnado de 2º e 3º asistiu á Festa da LIngua celebrada en Caldas o venres 3 de maio. A actividade foi organizada polo profesor de música Miro:

ACTIVIDADES FIN DE TRIMESTRE

O 12 de abril o alumnado do IES participou nun concurso de elaboración de curtas organizado polo Departamento de Normalización. Para ver a curta gañadora, preme botón dereito do rato e escolle reproducir

Como finalista quedou o seguinte vídeo:

Tamén houbo unha competicion de Kahoot por equipos.

MUSIQUEANDO 11 DE ABRIL

O alumnado de segundo sumouse á campaña Musiqueando da Confederación de Asociacións de Educación Musical cun pequeno concerto celebrado na Praza do Concello de Barro. A actividade foi organizada polo profesor de música Miro:

OBRADOIRO COMPOSTAXE (1 e 2 de abril)

O alumnado de primeiro e segundo participou nun obradoiro de Compostaxe organizado polas profesoras Esperanza e Susana en colaboración co Concello de Barro. Recibiron unha charla, fixeron prácticas no laboratorio e visitaron o composteiro do Concello.

 

 

RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O alumnado de primeiro e segundo asistiu a unha charla impartida por un axente da Garda Civil o día 27 de marzo.

 

DIA INTERNACIONAL DO NÚMERO PI

O xoves 14 celébrase o Día Internacional do Número PI. A profesora de matemáticas Esperanza preparou moitas actividades con motivo da devandita celebración:

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN: FASE FINAL

Máis de 50 alumnos e alumnas do IES asistiron á fase final do Campionato Provincial d¡e Orientación celebrada o día 13 de marzo no CUVI. Obtiveron moi bos resultados. Sarai e Naiiara acadaron medallas de ouro e bronce respectivamente na categoría infantil e Lucía acadou medalla de ouro na categoría cadete

OBRADOIRO STOP VELUTINA

O día 11 de marzo pola tarde, membros da asociación Stop Velutina Umia impartitron un obradoiro no IES de Barro.

Houbo unha parte teórica e outra práctica. Os voluntarios, Manolo Outón, Elena Landín e Sofía Ruibal, xunto co coordinador do grupo Stop Velutina e Tenente de Alcalde, repasaron co alumnado a problemática da vespa velutina .No obradoiro fixéronse case un cento de trampas e tamén se lles índicou que líquido atraínte usar. Zumo de arándanos, cerveza negra e viño blanco do país.

Ademais das trampas os alumnos e mestras convertíronse en voluntarios da asociación e serán a "Policía Medioambiental de Barro" algo como o Seprona. Cada alumno recibeu un agasallo que se trata dunha libreta cun bolígrafo e colgador, para anotar o número de velutinas e outros insectos que colle a trampa para así facer un estudio que coordinarán as mestras ciencias e Bioloxía. Os alumnos adquiriron tamén un compromiso de facer e colocar as trampas e levar un mantemento do líquido atraínte cada 12 ou 15 días.

ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O luns 11 de marzo, o  alumnado do IES participou nunha actividade contra a vilencia machista organizada polo Concello na nave da música:

 

ENTROIDO 2019

O venres 5 de marzo celebramos o Entroido. A decoración foi realizada polo alumnado de cuarto coordinado polo profesor Miro:

O departamento de Normalización organizou un cocurso de máscaras e sobremesas tradicionais:

Tamén houbo o tradicional concurso de disfraces:

E o alumnado de cuarto organizou unha competición  entre todo o instituto na que os particiipantes tiñan que adivinar palabras empregando mímica e debuxos. 

EDUGAL 4ºESO

O alumnado de 4º de ESO visitou o xoves 28 de febreiro a feira Edugal de Pontevedra. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación e o alumnado foi acompañado pola orientadora Anabel e o titor Toño.

MÚSICA E POESÍA - 25 DE FEBREIRO

O alumnado do centro aistiu á actuación de María Lado e Lucía Aldao. A acitidade misturou música e poesía. e foi organizada polo Departamento de Normalización:

CHARLA EXALUMNOS 22 DE FEBREIRO

O venres 22 de febreiro o alumnado do IES particpou nun coloquio con Uxía, Rolando, Pablo, Noelia, Alba Lucía e Diego, antigos alumnos do IES de Barro. Todos eles falaron das  súas experiencias formativas e profesionais:

CAMPIONATO ZONAL DE ORIENTACIÓN

O pasado 12 de febreiro de 2019 celebrouse no Casino Mercantil de Pontevedra a Fase zonal do Campionato de Orientación na que competiron 199 alumnos, dos que 62 eran alumnos do IES de Barro.

A alumna do IES de Barro Sara de 2º ESO proclamouse Campiona Zonal na categoría infantil feminino; o alumno Álvaro, de 3º ESO A proclamouse Campión Zonal na categoría cadete masculino; e a alumna Lucía G., de 3º ESO-B proclamouse Campiona Zonal na categoría cadete feminino.

Desde a dirección do centro, así como desde o departamento de Educación Física, felicitan atodo o alumnado participante no campionato escolar polos bos resultados acadados.

 

 

 

 

CONFERENCIA FÍSICA E QUÍMICA 4º DE ESO

O alumnado de 4º  asistiu o día 13 de febreiro a unha conferencia organizada pola profesora Chus. A conferencia foi impartida por José Benlliure e  o tema foi "DE lo infinitamente pequeño a lo infinitamente grande":

VIDEO DE MÚSICA 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO, dirixido polo profesor de música Miro,  gravou unha canción no instituto:

 

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS - 28 de xaneiro

O profesor de Educación Física Damián organizou unha actividade para que o profesorado aprendese a facer a reanimación cardiopulmonar e a utilizar un desfibrilador:

CHARLA EDUCACIÓN TRIBUTARIA

O alumnado de 4º asistiu o luns 21 de xaneiro a unha conferencia sobre a Axencia Tributaria organizada polo profesor Paco:

CINE 8 DE XANEIRO

Os profesores Miro e Toño  organizaron unha saída para visualizar unha peli no cine. O alumnado asistiu  acompañado polos profesores Miro, Toño, Anabel, Kika, Carmen, Susana, Elena e Araceli.

ACTIVIDADES NADAL

O venres 21 de decembro presentouse no IES o libro "O clan de Martiño" sobre a historia do Concello de Barro. Puidemos gozar coa presenza dos autores, un dos cales foi alumno do noso centro, Iván Bello.

Despois desta actividade, o alumnado asistiu a uns monólogos e a unha exhibición de baile por parte de rapaces e rapazas do centro:

E para rematar asistimos a unha charla sobre a "creación artística" oragnizada polo Departamento de Normalización e o Departamento de Plástica:

 

EXCURSIÓN ALUMNADO DE RELIXIÓN

O martes 18 de decembro o alumnado de Relixión visitou o Belén de Valga. Esta actividade foi organizada pola profesora de Relixión Araceli. Tamén asistiu a orientadora Araceli e o profesor de Música Miro:

ENTREVISTA EN INGLÉS

O venres 14 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha entrevista a dúas chicas, Clara e Laura, nacidas en Norteamérica. Esta actividade foi organizada pola profesora de inglés Elena:

CHARLA EN INGLES - 30 DE NOVEMBRO

O Departamento de Inglés organizou unha charla  impartida por unha profesora nativa. Participou todo o alumnado do centro en dúas quendas. O tema foi "English around the world":

Distribuir contido


by Dr. Radut