Skip to Content

Actividades co alumnado

O IES de Barro é un dos 20 centros educativos selecionados en Galicia para participar no programa EDUreferentes

O alumnado do noso centro participará no programa EDUreferentes 23-24 co que se pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina e fomentar así de xeito transversal a igualdade.

 

Visita do alumnado de 4º de ESO ó Parque Eólico Experimental de Sotavento

O alumnado de 4º de ESO viaxou o luns 13 de novembro a Xermade (Lugo) para visitar o Parque Eólico Experimental de Sotavento, nunha actividade que lle permitiu coñecer de primeira man o proceso de obtención de enerxía eléctrica con fontes de obtención renovables.

Obradoiro "unha visión de xénero"

O alumnado do IES de Barro participou o xoves 9 de novembro nun obradoiro solicitado polo equipo de Normalización Lingüística e organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Visita do alumnado do IES de Barro á exposición 15 Visións

O alumnado do IES de Barro tivo a oportunidade de visitar o venres 10 de novembro a exposición "Express-Arte" organizada pola concellería de Muller e Igualdade do Concello de Barro, levada a cabo no salón de actos da biblioteca municipal.

 

Esta exposición, que ten por nome 15 visións, foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e está creada no marco da inserción laboral para vítimas de violencia de xénero. Trátase de 15 fotografías de Juan Rivas que recrean obras de arte de artistas de primeira orde internacional, tales como J. Vermeer, Caravaggio, Delacroix, Berthe Morisot, Leornardo da Vinci, K. Rozumov, Tissot, Sandro Boticelli e Francisco de Goya, entre outros.

Charla sobre doazón e trasplante de órganos

Hoxe visitáronos Paula Boga, Coordinación autonómica de trasplantes de Galicia e Carlos, trasplantado de fígado, para charlar da importancia dos trasplantes.
 
Paula explicóunos que son os trasplantes, quen pode doar, que se pode doar e os tipos de trasplantes que existen e Carlos falounos das vivencias dunha persoa trasplantada: cando che diagnóstican a enfermidade o tempo de espera na lista de trasplantes, a chamada de que hai un órgano compatible e o tratamento posterior ao trasplante.
 
Moitas grazas polos vosos testimonios e recordade que España leva sendo líder mundial en trasplantes de órganos máis de 30 anos.
 

Concurso de doces de Samaín

O venres 27 celebramos o xa tradicional concurso de doces de Samaín do IES de Barro. Contamos cunha gran participación, todas elas de moi bo aspecto. A gañadora foi Saray Gómez de 4º de ESO. Deixamos imaxes de algunha das propostas.

Segundas sesións formativas do Plan Director

O alumnado de 1º e 2º de ESO participaron o 17 de outubro nas segundas sesións formativas do Plan Director na que se abordaron asuntos de gran importancia como o acoso escolar, adicións a videoxogos e apostas, violencia machista e ciberseguridade.

Visita ó centro da nosa ex alumna Lucía Pérez

O departamento de Lingua Inglesa organizou unha actividade para 3º e 4º de ESO na que a nosa ex alumna Lucía Pérez Moretti, becada da fundación Amancio Ortega no curso pasado, nos falou da súa experiencia en Toronto e aconsellou ó alumnado do centro solicitante desta beca no presente curso.

 

Moitas gracias por compartir con nos a túa experiencia, Lucía!

Formación sobre enerxías renovables

O alumnado de 1º de ESO realizou unha formación sobre enerxías renovables onde coñeceron os procedementos de transformación de enerxía así como as vantaxes e inconvintes das distintas fontes de enerxía, tanto de xeito teórico como práctico.

Visita a Edugal

O alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de visitar o venres 6 de outubro Edugal, onde amosaron un gran interese sobre a oferta formativa que se promocionaba.

SAMAGOSTO 2023

Sesións formativas no IES de Barro dentro do Plan Director

 

O 3 de outubro, integrantes do corpo da Garda Civil impartiron unhas sesións formativas ó alumnado de 3º e 4º de ESO sobre ciberseguridade, acoso escolar e violencia machista. O martes 17 de outubro será o turno para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

 

 

Novo espazo de lectura e xogos para o alumnado

 

Unhas das principais novidades deste curso 2023-2024 que acabamos de comezar é a creación deste espazo para que o alumnado poida ler e empregar xogos de mesa durante os recreos.

 

Esperamos que o desfruten!

Dúas viaxeiras americanas visitan o IES de Barro

O Departamento de Inglés do IES de Barro organizou unha actividade para fomentar a práctica oral da lingua inglesa grazas á visita de dúas viaxeiras americanas que foron entrevistadas polo alumnado dos diferentes grupos.

 

25N NO IES DE BARRO

CHARLA EN INGLES PRIMEIRO DE ESO

O alumnado de primeiro recibiu unha charla cultural organizada polo Departamento de Inglés:

HALLOWEEN 2021

O alumnado de 1º e 2º de ESO celebrou Halloween na clase de inglés:

Obradoiro de Realidade Aumentada - Curso 2020-21

Este curso 2020-21, a pesar das dificultades que tivemos para manter as clases presenciais, tivemos a gran sorte de contar co divulgador científico David Sebastián, nun obradoiro de Realidad Aumentada. 

Amosounos multitud de aplicacións de divulgación para contidos educativos e de publicidade, como os do Camiño de Santiago. 

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO, aprendeu a crear filtros para Instagram e Facebook dun xeito moi sinxelo. Nun deses filtros empregaron unas imaxes de mosaicos que o alumnado tiña preparadas con GeoGebra. Resultou moi creativo e divertido.

 

Grazas a David Sebastián e a Biblioteca do Concello de Barro por organizar este tipo de actividades e ofrecernos a oportunidade de participar nelas, sobretodo neste curso tan complicado.

 

 

 

 

Álbum: CURSO 2020-2021 -> OBRADOIRO REALIDADE AUMENTADA

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA DE BARRO

O alumnado do instituto de Barro visitou a Biblioteca Pública do Concello  o martes 22 de xuño como actividade cultural de fin de curso.

Haikus e Microrrelatos

Este ano de encerro, liberamos a nosa imaxinación en haikus e microrrelatos. Velaquí unha pequena mostra dese fermoso traballo colaborativo do alumnado do IES de Barro: 


THE BIG CHALLENGE 2021

Un ano mais o alumnado de 1º e 2º participou no concurso en línea "The Big Challenge"

.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O venres 21 todo o alumnado do centro puido seguir unha sesión de contacontos a cargo de Celso Sanmartín. A actuación fíxose na aula de 3ºB e foi retransmitida por streaming ao resto das aulas.

DIA DO LIBRO 2021

O alumnado de 2º e 3º na materia de Inglés participou nun concurso de solapas de libro

 

HALLOWEEN

O alumnado de 1º e 2º desenvolveu unha actividade de Halloween 

CHARLA CULTURAL EN INGLES

O 27 de outubro alumnado de primeiro recibiu unha charla en ingés 

 

ACTIVIDADE MÚSICA 3º ESO

Interpretación dos alumnos de 3º da ESO curso 2019-2020 de "The Raising Fighting Spirit " da serie de animación Naruto

Fase zonal do Campionato de Orientación

 O pasado 19 de febreiro de 2020 celebrouse no Casino Mercantil de Pontevedra a Fase zonal do Campionato de Orientación na que competiron 321 alumnos, dos que 74 eran alumnos do IES de Barro.

As alumnas do IES de Barro Nerea F., Sarai R. e Noa A., proclamáronse Campiona, Subcampiona e Terceira clasificada na categoría cadete feminino; os alumnos Ángel A., Juan José S. e Damián M., proclamáronse Campión, Subcampión e Terceiro clasificado na categoría cadete masculino; e a alumna Lucía G., proclamouse Campiona na categoría xuvenil feminino.

Ademais, os IES de Barro proclamouse campión por equipos na categoría Cadete Feminino e Cadete Masculino.

Desde a dirección do centro, así como desde o departamento de Educación Física, felicitan a todo o alumnado participante no campionato escolar polos bos resultados acadados.

 

EDUGAL 14 FEBREIRO

O alumnado de 4º visitou Edugal e varios centros de Formación Profesional e Bacharelato de Pontevedra. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación:

VISITA BELÉN DE VALGA 17 DECEMBRO

O alumnado de relixión visitou o Belén de Valga e o Pedrón da Iglesia de Santiago de Padrón. A actividade foi organizada polo Departamento de Relixión:

 

 

CHARLA DE INGLES - 11 DDECEMBRO

O día 11 de decembro o alumnado de 1º e 2º recibiu unha charla cultural en inglés sobre Londres e o alumnado de 3º e 4º, sobre Irlanda, Estas charlas, cortesía da Editorial Burlington, foron organizadas polo Departamento de Inglés.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut