Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Resumo de actividades 2023

Saída a Santiago para visitar as oficinas do diario NOS.

O 29 de marzo de 2023 os grupos de economía de 1º de bacharelato visitamos o diario Nos. Tamén aproveitamos para visitar a catedral, xunto cos compañeiros de historia da arte. Na visita ao diario puidemos comprobar cómo se desenvolve a labor periodística xa que estamos a crear un xornal trimestral de índole económica. O noso anfitrión incluso nos dedicou unha das súas noticias, que pode verse de xeito dixital aquí.

 

Saída á empresa Bopapel, en Ponteareas

O xoves 2 de marzo os grupos de economía de empresa e FAX de 2º de bacharelato visitamos as instalacións da empresa local “Bopapel”. A persoa de referencia (Patricia) ensinoulles a planta, a maquinaria, o proceso de produción, almacenamento e xestión da súa empresa. Os estudantes preguntaron sobre varios aspectos: marcas, custes, contratación, etc. Ao marchar obsequiáronnos cun dos seus produtos.

 

Participación na XIII Olimpiada de Economía.

>O xoves 16 de marzo de 2023,  realizouse a proba, destinada ao grupo de economía de empresa e seleccionando unicamente a dúas alumnas que son Blanca Yunta e Sabela Pereira. Representaron ao noso instituto nunha competición que se celebra anualmente a nivel autonómico e pretende premiar a excelencia, así como incentivar os estudos superiores relacionados coa área.

 

Charla de economía tributaria.

O venres 9 de decembro o alumnado de economía e iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º ESO recibiu á funcionaria de Facenda para aprender sobre tributos; a súa orixe e destino. Foi unha charla na que se explicou que son os impostos, quen os xestiona, quen e como se pagan, así como a súa natureza, para que serven .

Taller do banco de España: aprendemos sobre billetes e moedas. 

Xoves 3 de novembro o alumnado de economía de 4° da ESO e 1° de Bacharelato asistiron a esta sesión informativa de xeito virtual, celebrada na biblioteca do centro. A actividade tratou o tema do diñeiro, a súa creación e os métodos para comprobar a súa autenticidade. Nun primeiro momento tamén se falou do papel do Banco de España e o Banco Central Europeo, tratando de definir as súas funcións e diferenzas, tras a participación de España no proxecto europeo do euro. Os estudantes participaron nesta conferencia online e puideron plantexar dúbidas e participar en xogos interactivos con varios premios a repartir.

Pleno infantil no Concello de Ponteareas

O día 4 de xuño de 2019 celebrouse no Concello de Ponteareas o segundo pleno infantil con presencia do noso centro. Os alumnos de 4º de ESO Hirut Phillipon e Adrián Ucha foron os representantes do IES do Barral.

Estas son algunhas imaxes do evento.

O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O IES DO BARRAL

    

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde López, visitou o noso centro o 3 de abril de 2019.

Despois de percorrer as súas instalacións, o conselleiro impartiu unha clase sobre a situación actual da economía galega ao alumnado da materia de Economía de bacharelato.

Conde animou ao estudantado do instituto a ser constantes na súa formación e anticiparse á transformación dixital que está a vivir a industria

 

Relator de Sispavitec

O relator do mércores 27 de febreiro de 2019 procedía nesta ocasión da empresa Sispavitec, que fixo unha intervención diante do alumnado da materia "Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial". Estas son unhas imaxes do momento.

Relatorio Mago Niko

O relator David García  Rubianes, da empresa Niko Magias, asistiu o dia 19 de febreiro de 2019 ao noso centro como exemplo de emprendemento para o alumnado de Iniciación á Actividade Económica e Empresarial (IAEE). Estas son unhas imaxes do relatorio.

 O Mago Niko deixou unha amable referencia do seu paso polo noso instituto no seu blog

Obradoiro de Economía

O día 14 de Febreiro de 2019 celebrouse no centro un obradoiro de economia ao que asistiron alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Aquí tedes algunhas imaxes da actividade

Obradoiro de Bolsa

Dentro dos resultados de aprendizaxe da materia de Economía de 4º ESO A e B, está o de imbuir unha cultura financeira de aforro e investimento ao alumnado, para que poidan diverisificaren e mediren convenientemente as súas decisións como axentes económicos.

Por iso, desenvolveuse a seguinte actividade, onde tamén estivo o alumnado de 1º BAC-B:

* Actividade: Obradoiro bolsista.

* Relatora: Isabel Iglesias Arce, axente de cambio e Bolsa (trader e broker de valores). Curriculo e páxina Web: http://www.gestionandomisfinanzas.com

* Data: 31 de xaneiro de 2019, de 10:40 a 12:50.

* Lugar: Biblioteca do centro.

* Alumnado: 40 alumnos, aproximadamente. 

* Obxectivo: impartir unha cultura financeira e familiarizar ao alumnado de Economía cos mercados financeiros, a bolsa, as cotizacións, e as oscilacións dos mercados financeiros no contexto actual. Explicaranse conceptos como: o IBEX-35, a prima de risco, os soportes, as resistencias, as accións, o valor nominal, as tendencias da bolsa, as especulacións, e os riscos de investir en mercados secundarios.

Imaxes do evento

 Presentacións:

 

Obradoiro de Economía

O día 14 de febreiro de 2019 contamos co relator David Cano, que fixo un obradoiro de economía cos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

David Cano, Licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola UAM, é socio de Afi e Director Xeral de Afi, Inversiones Financieras Globales, EAFI. MFC por Afi

O día 15 de xaneiro de 2019 protagonizou un debate co economista Daniel Lacalle sobre o punto de inflexión na economía mundial.

Pleno infantil

O día 27 de novembro de 2018 celebrouse no Concello de Ponteareas un "pleno infantil" onde estudantes de todos os centros educativos do concello expuxeron as súas inquedanzas, problemáticas e propostas de mellora ao alcalde e demais membros da institución municipal. O noso centro tamén estivo representado no acto.

Imaxes do evento

Distribuir contido