Xadrez. Curso 2017 - 2018
II TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DE XADREZ
Praza do Mercado
Na Praza do Mercado de Ponteareas volveuse a celebrar outra xornada do torneo de Xadrez Intercentros de Ponteareas. Como xa vén sendo habitual os nosos campións voltaron a amosar o seu talento e, unha vez máis, ocuparon as primeiras posicións. Parabens!!
II TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DO CURSO 2017-18
Nas instalacións do IES Pedra de Auga celebrouse o segundo torneo de xadrez intercentros do curso 2017 - 18 e, como nas ocasións anteriores, os alumnos do IES do Barral volveron a encabezar a clasificación. Parabéns a todos polo seu excelente traballo. Esta é a clasificación.
TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS DO CURSO 2017-18
O día 1 de febreiro celebrouse no IES Val do Tea de Ponteareas o primeiro torneo intercentros de xadrez do curso 2017 - 18. Unha vez máis os nosos alumnos deixaron ben claro a súa calidade de xogadores e obtiveron excelentes resultados. Sete dos dez primeiros postos da clasificación foron para participantes do IES do Barral, ademais de, por suposto, a primeira posición. O campión absoluto do torneo foi Adrián Carpintero Muñoz, de 2º ESO B. Parabéns!!
Mira AQUI as imaxes do evento
La ajedrecista que desafió a Arabia Saudí (Artigo de prensa)