Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Visita da escritora Ana Alonso

O xoves 15 de marzo de 2018 a escritora Ana Alonso visitou o instituto para compartir co alumnado de 1º de ESO impresións sobre o seu labor como escritora. En particular, centrouse en "Marea negra", unha historia centrada en valores como a importancia do coidado do medio ambiente.

O encontro convertiuse nun momento máxico e emocionante para todos. Tras comentar o desastre ecolóxico do Prestige, tan presente na obra, Ana Alonso cedeu o protagonismo ás experiencias do alumnado sobre este tema. Creóu un ambiente axeitado para que aflorasen moitas sensacións e vivencias fronte a un desastre medioambiental que o alumnado quixo compartir.

Ana prestouse a adicar varios exemplares.

 

Despediuse coa promesa de seguir recibindo as historias que o noso alumnado quixera compartir con ela, quizá para unha nova novela...

Ofrecémosvos unhas imaxes do encontro