I CONCURSO DE LEMAS NORMALIZADORES
O pasado martes 15 de maio o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou na biblioteca os premios do I Concurso de Lemas Normalizadores.
Lucas Iglesias de 4º ESO B, membro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, entregoulle o 1º premio a Sergio Ocampo, que non quixo saír na foto, de 1º ESO A.
David de Castro de 4º ESO B, membro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, entregoulle o 2º premio a Alicia Bouza de 2º ESO B.
Gabriel Alonso de 4º ESO B, membro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, entregoulle o 3º premio a Paula Castillo de 1º ESO A.
PARABÉNS!!!