Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Quérote + 2022-2023

QUÉROTE +

 

 

Neste curso 2022/23 levamos a cabo o proxecto interdisciplinar de educación sexual do programa Quérote+ para o alumnado de 3ºESO e FP básica.

A través dunha serie de actividades realizadas nas diferentes materias, pretendeuse aportar ferramentas ao noso alumnado para o seu crecemento e maduración no ámbito da educación sexual, da convivencia entre os sexos e da diversidade sexual.

A continuación mostramos as diferentes actividades realizadas polo alumnado ao longo deste curso.

 

1ª Actividade: Presentación do recurso Quérote +

A inicios do mes de Decembro de 2022, realizamos en cada unha das clases participantes unha breve introdución ao programa Quérote+, así como ao recurso público que supoñen estes centros. Os mozos e mozas poden realizar consultas confidenciais e anónimas ao equipo profesional destes centros por diversas vías (telefónica, email, presencialmente, consulta anónima, etc.). Toda a información a poden atopar a través da web http://xuventude.xunta.es/querote-mais

Probamos a realizar unha serie de consultas anónimas utilizando o recurso web.

 

2ª Actividade: A educación sexual

Na materia de “Lengua Castellana y Literatura”, tamén a finais de decembro, levouse a cabo esta segunda actividade. O alumnado propuxo unha serie de palabras relacionados coa sexualidade sobre as cales se reflexionou posteriormente, realizando un debate e intercambio de opinións. Comentouse tamén a importancia de recibir unha educación sexual axeitada, e reflexionouse sobre as fontes actuais de información.

 

 

 

3ª Actividade: A orientación do desexo e a identidade sexual

Nesta actividade visualizouse unha serie de vídeos sobre a diversidade sexual (identidade sexual, orientación do desexo e seres sexuados) e, tras clarificar os conceptos realizáronse unha serie de carteis e pósters para sensibilizar sobre esta temática.

Establecéronse unha serie de lemas de sensibilización amosados cun soporte gráfico.

 

Para ver máis exemplos dos traballos realizados pódese ver no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1iLXmhfJJfWWRgHF60-UCB9wJGIVj2Hpo?usp=sharing

 

 

4º Actividade: O modelo de amor romántico

Na materia de Xeografía e Historia, así como na de Ámbito Lingüístico, realizouse en xaneiro a actividade número 4 para tratar a temática do amor como sentimento, e da existencia dun “modelo social dominante”.

Iniciouse cunha introdución na que se relacionou na aula o “canon” típico no arte do que son o home e a muller, así como o amor romántico como mito e concepto histórico que aínda repercute no presente. A continuación, fíxose unha análise oral entre todo o grupo sobre as consecuencias deste concepto histórico.

Seguidamente, o alumnado investigou sobre as mensaxes recibidas a través de diversos medios sobre o amor romántico, como por exemplo música, series ou películas.


 

 

 

5º Actividade: A relación dos sexos a través da Tecnoloxía

Nesta actividade, o alumnado comentou e debatiu na aula unha serie de enunciados coa temática das relacións nas redes sociais. Achegaron as súas opinións e reflexións sobre o tema.

 

 

6ª Actividade: Cultivando habilidades

Para por de relevancia a facilidade coa que o noso contorno pode influír na toma de decisións, realizouse en maio esta sexta actividade.

Durante esta actividade, realizáronse unha serie de representacións teatrais de situacións nas que unha persoa exerce presión sobre outra, para logo comentar en reflexionar sobre o observado na escena.

A presión de grupo relacionada tamén co consentimento no ámbito sexual, púxose de relevancia vendo o vídeo de “Consentimiento sexual explicado con té”.

 

7ª Actividade: Aconcepción e concepción

Entre os meses de febreiro e marzo realizouse esta actividade número 7 na materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Inicialmente, a actividade introduciuse a través dunha posta en común das prácticas sexuais non conceptivas que coñecían. Comentamos un pouco a gran diversidade das mesmas e finalizamos falando da única práctica conceptiva (a penetración vaxinal). Seguidamente, fixemos de novo unha posta en común dos métodos de protección coñecidos polo alumnado.

A continuación, fixemos unha reflexión sobre a importancia dos métodos de protección non soamente como medio para protexernos dun embarazo non desexado, se non tamén para protexernos das infeccións de transmisión sexual.

Finalmente, o alumnado fixo un traballo de investigación sobre diversos métodos anticonceptivos existentes, profundando nuns poucos exemplos. Deixamos unhas poucas mostras de ditos traballos no seguinte enlace: https://drive.google.com/drive/folders/1iLXmhfJJfWWRgHF60-UCB9wJGIVj2Hpo?usp=sharing

 

8º Actividade: Mostramos o aprendido

 https://www.canva.com/design/DAFlytQUGy0/BITWAvhQjlM01s8YbVDP4g/watch?utm_content=DAFlytQUGy0&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink