Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Benvida

Benvidos á web do IES do Barral de Ponteareas 2023-2024

 

Como chegar: clic aquí:

Cualificacións ABAU

Conseguiuse unha vez mais:

TOD@S os nosos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato que se presentaron ás probas ABAU na convocatoria ordinaria conseguiron superalas. Dende o IES do Barral:

PARABENS A TOD@S!!!

polo voso excelente traballo.

Sentímonos orgullosos de vós e estimulados para seguirmos traballando coa mesma dedicación e intensidade.

       

Competencia dixital FPB

A Conselleria de educación vén de establecer o xeito de acreditar a competencia dixital por parte do alumnado de FPB. Exponse aquí toda a información sobre o proceso.

             
 
Información
    
 
Esquema
competencias dixitais
Portal 
Anexo I
 
             
      

Demo

PROBA

   

Semana da Ciencia

Semana da ciencia en Ponteareas. Moitos días de traballo ata que chegou a data. Todo preparado para o gran día e como non podería ser doutro xeito todo foi xenial!! Reciclamos envases, deseñamos pratos de Harvard, tinguimos teas con froita e especias, estampamos con froita e cosemos e creamos marabillosas fundas de libretas. Marabilla… Grazas a todos e a todas!!

II Semana Clásica do IES DO BARRAL

O pasado maio tivemos o pracer de gozar da creatividade do noso alumnado nos obradoiros de cultura grecorromana nos que estiveron traballando arreo para compartirvos o que aprenderan. Parabéns pola vosa implicación e traballo carae et cari discipuli! Vémonos o próximo ano!

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Só se presentará solicitude para AXUDA DE MATERIAL e terán dereito a ela as familias con renda per cápita igual ou menor a 10.000€, xa que o centro é beneficiario do programa E-DIXGAL para todos os cursos.

 

PRAZO: Do 21 de maio ao 21 xuño 2024 (ambos incluídos)

DOCUMENTACIÓN:

1. Anexo I e II. (Se quere xustificante de entrega, deberá traer a copia do Anexo I cuberto).

2. Fotocopia do libro familia

3. Fotocopia da sentencia separación ou convenio regulador, de selo caso.

 Para información máis ampliada pinche aquí

Orde no DOG

O IES do Barral homenageia Nélida Piñón

Os alunos e alunas de 2º de Bacharelato participaram na homenagem que se lhez à escritora brasileira Nélida Piñón.
Ao longo dos dias 3 e 4 de maio em dois pontos do globo: Santiago de Compostela e Rio de Janeiro, levou-se a cabo a leitura continuada da obra mais conhecida de quem foi a primeira mulher a presidir a Academia Brasileira da Letras.Foram horas a fio de leituras, de interpretações e de sotaques ao longo das páginas da República dos sonhos.O nosso alunado, não podendo participar fisicamente em nenhuma das cidades convocantes, participou do mesmo jeito na homenagem enviando vídeos com as leituras dos trechos correspondentes.
O evento que foi transmitido ao vivo através do youtube ainda é possível revê-lo:

https://www.youtube.com/watch?v=uAVmLRMkL2c
https://www.youtube.com/watch?v=Jo6wmuo-EfQ

Parabéns a este grupo por ter participado nesta tão necessária homenagem a Nélida Piñón

LISTAXES PROVISIONAIS E DEFINITIDAS DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2024/25

O día 25 de abril publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do alumnado que solicitou praza para o curso 2024/25. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do IES do Barral.

Así mesmo, os proxenitores dos solicitantes que teñan chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico, poderán consultalas no seguinte link:

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ENQUISA SOBRE ESPAZOS

Enquisa sobre espazos

Distribuir contido