Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca

Mellorando os espazos do centro

 
FAMILIAS
 
Melloramos os espazos do centro coas familias
 
O pasado xoves tivemos a primeira reunión coas familias  pero sabemos que para moitas non sempre é doado achegarse ata o instituto. Queremos mellorar os espazos do centro tendo en conta todas as ideas e propostas por iso poñemos á vosa disposición esta enquisa na que vos pregamos que participedes. Serán só uns minutos e estamos seguras de que tendes moito que decir.
Enquisa
familias
 
EQUIPO DOCENTE
 
Melloramos os espazos do centro co profesorado 
 
Dentro do proxecto de mellora dos espazos do centro  necesitamos coñecer os puntos de vista de todo o profesorado xa que o obxectivo non é outro que ter un espazo no que nos sintamos ben e que amplie os recursos que temos para desenvolver a nosa labor.
Serán só uns minutos e a información que recollamos permitirá que traballemos tendo en conta a todos e a todas
Enquisa
profesorado
 
ALUMNADO
 
Melloramos os espazos do centro co alumnado 
 
O proxecto para mellorar os espazos do centro non tería sentido de non contar co voso  punto de vista e as vosas ideas. Para coñecelas necesitamos que empreguedes uns minutos do voso tempo en facer estas enquisas. Só así poderemos ter en conta o que pensades!!
Enquisa
espazo exterior
Enquisa
espazo interior

Penpals

Impresionante o traballo do alumnado!! Tiñamos un obxectivo: facer que “a nosa contorna” cruzara fronteiras. Apareceu unha oportunidade e decidimos empezar un intercambio de cartas cunha escola de Reino Unido. Comezamos cunha tradición moi británica: as postais de Nadal e a aproveitamos para abrir unha porta para poder mostrarlles como vivimos, como pensamos, como somos... Ahí van no correo cheas de ilusión e xa estamos esperando que as rapazas británicas tamén nos conten. Así aprenderemos como é a súa contorna e a través diso máis da nosa.
Non se pode traballar máis e mellor, con máis ilusión e máis cariño. E isto é só comezo!!

Distribuir contido