Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca

Reto na biblio

Familias, alumnado, profes e todo o persoal do centro temos un reto que só acadaremos se somos un equipo: construir un poliedro ao que lle imos poñer o nome que nós decidamos. Necesitamos máis de 300 cubos para facer a nosa figura antes do 1 de decembro.

Estaremos construíndo nos recreos e na hora de xantar.

Axúdasnos?

 

Obradoiro de estampación de bolsas de tea

 

Queres estampar a túa frase favorita nunha bolsa de tea? 

O vindeiro luns na hora do recreo comezamos obradoiro na biblio. 

Pensa no que queres escribir e nun pequeno debuxo para engadir. 

Non esquezas apuntarte no formulario web pois as prazas son limitadas!!

Toma a palabra!

Semana AMI 2023.

Podes ler toda a información neste enlace

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/ys3qJWMCybp9Bmq

Envía as túas propostas a biblioteca@iesdobarral.com

TOMA A PALABRA!!

Poesía e lectura dende as marxes

Comezamos cos dous orimeiros grupos do club de lectura: Poesía e lectura dende as marxes.

No grupo de poesía faremos un percorrido por diferentes temas literarios e en  Dende as marxes buscaremos ler libros que desafíen os nosos límites sociais e/ou intelectuais. Por iso exploraremos diferentes temas marxinan moitas veces e condenan a ler dende as marxes. Porén, nesas marxes é posible facer comunidade e desdibuxar os límites que nos oprimen.

Dirixido a alumnado de 4º da ESO, 1 BAC e 2º BAC.

O venres 20 tivemos a primeira reunión pero ainda estás a tempo de apuntarte

 

Obradoiro de memoria familiar

  Marabilla a mostra final do obradorio no que compartimos e creamos memoria....!!

Semana da Ciencia

Grazas ao Concello pola organización, por dar espazo e voz aos centros educativos e por recoller neste video toda a ilusión que vivimos nesa tarde.

 

Distribuir contido