Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca

Recomendacións de lecturas para Nadal

   

 Podedes descargar as recomendacións en pdf nesta ligazón.

Toxo e Chorima acadaron premio.

  Os nosos Toxo e Chorima acadaron premio!!! Estivemos en Santiago para recollelo e contar como o fixemos todos e todas da man: profes, alumnado de moitos cursos e familias. E que mellor premio para compartir que o lote de libros que trouxemos e que estarán á vosa disposición na biblioteca. Grazas a Igaciencia pola convocatoria e grazas a todos e a todas pola vosa participación e por demostrar que xuntas sempre sumamos máis!!

Obradoiro interxeracional

  

Volve unha das nosas actividades máis queridas. 

O vindeiro venres 15 ás 16.30h na biblioteca  recordaremos e compartiremos as nosas historias familiares.

É preciso apuntarse no formulario que atoparedes nesta ligazón.

Ata o venres!

 

 

Escola de familias

Comezamos cunha sesión para as familias do alumnado de  de ESO. Por favor, confirmade a asistencia neste formulario, para preparar o material para todos e todas as asistentes.

Literatura botánica

O luns 4 de decembro comezamos un dos clubs de lectura que nos fai máis ilusión. 

Encheremos a biblio de propostas relacionadas coas flores e as prantas.

Encantaríamos contar con familias e todo o persoal do centro.

Teremos poesía, novela, herbarios, libro ilustrado...

E unha proposta final que poderemos compartir e desfrutar xuntas.

Imposible non atopar algo suxerente!

Por favor, cubride este cuestionario se vos apetece asistir

 

 

Distribuir contido