Novas
NÚMERO PREMIADO DO SORTEO DA CESTA DE ENTROIDO
Enviado por iesab08 o Ven, 2024-03-01 14:17NÚMERO PREMIADO
0435
No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.
- APIs de Blogue
23 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por iesab08 o Mar, 2024-02-27 14:5923 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO
- APIs de Blogue
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Enviado por iesab08 o Mér, 2024-02-14 14:23- APIs de Blogue
EXCURSIÓN Á NEVE 2024
Enviado por iesab08 o Lun, 2024-01-29 13:53- APIs de Blogue
PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE
Enviado por iesab08 o Ven, 2024-01-12 15:34DESFRUTA COAS FROITAS E OS LÁCTEOS
O noso centro foi seleccionado para participar no reparto de froita e leite subvencionado polo FOGGA.
O primeiro período comenzará o próximo luns, 15 de xaneiro.
O reparto farase nos recreos da ESO e de BACH
Se tes interese en ver o resultado da campaña accede á conta do noso facebook
https://www.facebook.com/100069706337587/videos/3751311301764106/
- APIs de Blogue
SORTEO EXTRAORDINARIO LOTERÍA DE NADAL
Enviado por iesab08 o Mar, 2024-01-09 11:06SORTEO EXTRAORDINARIO DA LOTERÍA DE NADAL DO 22 DE DECEMBRO DE 2023
O número 33.198 ten a devolución de 2,50€
Comunícase por este medio de que as participacións da lotería de Nadal que vendeu o alumnado de 4º da ESO coa fin de recaudar fondos para subencionar a excursión de fin de curso a Andalucía foi gratificada coa devolución de 2,50€.
Aquelas personas interesadas en cobrar a súa respectiva cantidade segundo as participacións adquiridas poden achegarse con ditas participacións polo centro educativo en horario de 9.00 a 14.00 horas. Teñen de prazo ata o 22 de Marzo, segundo a normativa vixente para o cobro de premios de Loterías do Estado.
As participacións que non se devolvan quedará na bolsa a repartir entre o alumnado que vendeu as participacións.
- APIs de Blogue
CONFERENCIA SOBRE CIBERSEGURIDADE
Enviado por iesab08 o Xov, 2023-11-23 22:44A SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS DOS NOSOS FILLOS E FILLAS
O próximo martes, 28 de Novembro as 18.00 horas terá lugar no Salón de Actos do noso IES unha conferencia sobre "CIBERSEGURIDADE" onde un experto no tema da Guardia Civil explicará todo aquelo que ten que ver cos perigos das Redes Sociais en Internet e todo ese mundo virtual e como podemos protexer aos nosos e nosas menores. Xa vén facendo unha serie de charlas co alumnado durante o mes de outubro e novembro. Consideramos que é unha actividade que non debe deixarse pasar pois é un tema que nos preocupa como nais, pais, profesorado e sociedade en xeral.
Contamos coa súa asistencia
- APIs de Blogue
FORMACIÓN CFR-CORUÑA
Enviado por iesab08 o Dom, 2023-11-12 21:53"CEREBRO E PANTALLAS" FORMACIÓN PRESENCIAL
ACTIVIDADE PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: FAMILIAS, ALUMNADO, PROFESORADO.
CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA
- APIs de Blogue
PLAN DIXITAL DO CURSO 2023-2024
Enviado por iesab08 o Ven, 2023-11-03 11:04Reunido o Consello Escolar, en sesión extraordinaria, ás 11:00 horas do día 26 de outubro, xoves, aproba o "Plan Dixital para curso 2023-2024. Dito plan dixital está recollido na páxina de "educalidade".
Para acceder ao mesmo débese chequear na entrada que pon "plan dos centros" que se atopa nunha columna na marxe esquerda, (de non ver esto chequéase nos tres puntos verticais que hai na man esquerda e debe despregarse o menú) Unha vez accedido a "plan dos centros", en "convocatoria": ano académico 2023/2024; "plan": plan dixital; "centros": escribir ies alfredo brañas, picar nel e finalmente hai unha pestaña laranxa debaixo de "convocatoria" que pon "buscar" unha vez debe aparecer todo e a maiores unha pestana cunha lupa debaixo de "opcións".
- APIs de Blogue
- Calendario
PRESENTACIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024
Enviado por iesab08 o Sáb, 2023-09-16 13:42O 11 de setembro fixemos a presentación do alumnado da ESO, BACH e CSCI por niveis no patio cuberto. O Xefe de estudos deu unhas breves normas que foron desenvolvidas polas titoras e titores nas aulas e o director en funcions foi chamando ao alumnado por niveis e aulas-grupo presentando ao seu titor titora.
Desexamos un curso proveitoso.
BENVIDAS E BENVIDOS
- APIs de Blogue