BOLSAS NEAE 2024-2025

OBRADOIRO PARA DOCENTES E FAMILIAS. MARTES 14 DE MAIO DE 2024.

 

Antonio Rial Boubeta é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 21 teses de doutoramento, foi responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias. É membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. Dirixíu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria, que é a día de hoxe un dos traballos científicos de maior envergadura feitos en Europa sobre o tema. O curso pasado dirixíu tamén o estudo Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia, da man da Fundación Barrié, na que participaron 10.000 adolescentes galegos. Ten publicado os seus traballos nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia, a saúde mental e as adiccións, como Psychiatry Research, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology. Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard), o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne) ou o DCU Anti-Bullying Centre (de Irlanda). É tamén colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, tanto prensa, como radio e TV. En 2022foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia. Forma parte do Comité de Expertos creado recentemente polo Ministerio de Infancia e Xuventude, para a protección dos menores na contorna dixital.

MATEMÁTICAS NA RAIA

MATEMÁTICAS NA RAIA

11 de abril de 2024

 

Alumnado de 3º da ESO este xoves 11 de abril, de 16:00 a m17.30, vai participar na X edición do concurso de Matemáticas na Raia organizado pola asociación AGAPEMA. Dito concurso  ten como obxectivo a resolución colaborativa de problemas tendo como observadora unha persoa allea do centro. Neste concurso o resultado infñue en todo o grupo, non nun grupo concreto dos varios que poidan ser. Se se derá a probabilidade de gañar o premio consistirá nunha estancia de fin de semana (25-26 de maio) men Esposende con tódolos gastos pagados para o alumnado participante e gañador e o profesorado, onde o alumnado portugués e galego confraternizarán realizando visitas turísticas e "competicións amistosas".

Para consultar todo o referente a ditop concurso mirar no seguinte enlace:

CONCURSO MATEMÁTICAS NA RAIA

Ánimo e que teñades moita sorte.

INAUGURACIÓN DO NOVO SALÓN DE ACTOS

INAUGURACIÓN DO NOVO SALÓN DE ACTOS

2 de ABRIL de 2024

 

Unha vez rematas as obras da reforma íntegra do salón de actos, o Excmo. Sr. Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, D. Román Rodríguez González, procederá no día de hoxe á inauguración do novo salón de actos.

BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinos deportivos
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
  • Ensino universitario: Graos, Máster...

 COMO SOLICITALA?.

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. REXÍSTRATE.

Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.
  • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

  • C

    on Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

3.ENCHE O FORMULARIO.

Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:

DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es

DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO

Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

TELEFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.

CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal

8 DE MARZO

07/03/2024 14:11
Europe/Madrid

8M

DÍA DA MULLER

Celebramos o 8 de marzo e unímonos á facer deste día un día de reivindicación e celebración coa letura dun pequeno comunicado e coa música de "Fillas de Cassandra- II": Lisístrata (varre vasoira)

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

RESOLUCIÓN DO 28 DE FEBREIRO DE 2024

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO DE 4º DA ESO E DE 2º DE BAC

 

https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais

Imaxe: https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais

 

Infórmase de que o alumnado de 4º da ESO e de 2º de BAC poderá acreditar a súa competencia dixital realizando unha proba no propio centro educativo. O alumnado de 4º da ESO poderá acreditar un coñecemento medio en competencias dixitais e o alumnado de 2º de BAC sobre seguridade e privacidade (área 4 MGCD). Ditas probas realizaranse no mes de abril para o alumnado de 2º de BAC e no mes de maio para o alumnado de 4º da ESO.

O alumnado interesado en realizar dita proba deberá solicitar o anexo IV da resolución na conserxería do Centro e traela cuberta pola persoa responsable do/da menor ampliándose o prazo ata o 15 de marzo e deixala na propia conserxería do centro.

Para máis información sobre o proceso da resolución e o contido do Marco Galego de competencias dixitais poden consultar o enlace e os arquivos adxuntos

https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

INFÓRMASE QUE:

 

Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.

 
Achégase o enlace para a información e inscripción das probas:
 

 

NÚMERO PREMIADO DO SORTEO DA CESTA DE ENTROIDO

NÚMERO PREMIADO

0435

 

No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.

 

23 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

23 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
 
 
 
Este pasado venres 23 de febreiro, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, o Dpto de Normalización Lingüística organizou un recitado de poemas de Rosalía de Castro. Alumnado de 2º e 4º da ESO e de 1º de BAC , así coma o profesorado de Lingua e Literatura Galega lembraron á escritora lendo poemas das súas máis importantes obras e un relato, este en castelán, do que puido ser o primeiro manifesto feminista.
Rematou o acto coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes" por parte de Paula Fraga, alumna de 2º de BAC, acompañada pola guitarra e o teclano que tan armoniosamente tocaron Iris e Henar, tamén de 2º de BAC.
Para ver o vídeo premede nos links do noso canal de Youtube @iesalfredobranas1125
Distribuir contido