Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016
Parabéns para Pablo Goás Pardiñas de terceiro!
Gañou o primeiro premio de Fotografía do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016 entregado o pasado 14 de marzo en Burela. Pablo presentara para o concurso unha imaxe con outra perspectiva da Torre de Pardo de Cela.
Lucía Carreiras de cuarto foi tamén unha d@s tres finalistas cunha orixinal imaxe do Sol.
Noraboa aos dous!
Concurso de redaccións
O venres 10 de marzo, na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, reuníronse alumnos de 2º da ESO de toda a provincia de Lugo. Do noso instituto foron dúas alumnas de 2º: Enma Ferrer e Bea Álvarez. Tratábase de realizar unha redacción en galego de catro páxinas. Os participantes recibiron como motivo inspirador unha antiga cámara fotográfica a través da cal podían ver diversas paisaxes. A proba durou dúas horas.
Os participantes recibiron como agasallo un bocadillo, a propia cámara que lles deron na proba e unha bebida. Os compañeiros de 2º da ESO de cada unha das clases participantes recibirán tamén como agasallo refrescos da fábrica Coca Cola.
Os gañadores deste certame pasarán á proba autonómica, da que sairán os participantes na proba nacional. A mesma proba que se fixo neste caso en galego vai facerse tamén nos vindeiros días en castelán.
Curtametraxe de alumnos do IES
O vindeiro 11 de marzo ás 20.00 h no salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro proxectarase a curtametraxe Andando en círculos? programada pola Concellería de Servizos Sociais e Educación do concello.
É un proxecto para o fomento de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a súa estrea coincide na mesma semana da celebración do Día da Muller.
Os protagonistas non podían ser outros que rapazas e rapaces do noso centro: Marcos Bermúdez, Alexia Rojas, Yeray Ruíz, Chayma Sabry e Silvia Yáñez do primeiro curso e Pedro López e Clara Rodríguez de cuarto. Grazas a todos pola ilusión que mostráchedes en toda a gravación e por dar as vosas opinións sobre a igualdade.
Animamos a todos a acudir á estrea este sábado!
Para contactar con nós
Teléfono: 982 870051
Correo electrónico: ies.alfoz@edu.xunta.es
Xubilación de Susi
O pasado martes 21 de febreiro xubilouse a nosa querida compañeira Jesusa Paz Peña, máis conocida por Susi.
Ela foi profesora de Lingua Castelá e Inglés durante case 20 anos neste centro e todos lle debemos moito pola adicación e cariño que sempre mostrou hacia os seus alumnos e compañeiros.
Imos a botala moito de menos e queremos desexarlle moita felicidade e que disfrute do tempo libre.
Os alumnos de teatro de 1º e 2º de ESO axudados pola profesora Paz Quiroga fixeron un programa moi especial para ela: Que tempo tan feliz, Susi!
Esperamos que nos visites moito!
1º de ESO
2º de ESO
"Cartas de amor", unidade didáctica contra a violencia de xénero
O 17 de xaneiro os rapaces e as rapazas de 2º, 3º e 4º de ESO acudiron á Casa da Cultura do Concello de Alfoz para traballar sobre unha unidade didáctica contra a violencia de xénero visionando láminas de quince autores distintos e realizando obradoiros. Gloria foi a relatora das charlas e falou sobre a presenza feminina nas Ciencias, Arte e Música, os estereotipos na nosa sociedade e a liberdade á que teñen dereito as mulleres.
Violencia de xénero
O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e todos os rapaces e rapazas participaron en varias actividades.
Colocáronse "zapatos baleiros" lembrando as vítimas da violencia machista, os de 1º de ESO fixeron voar os papaventos morados e laranxas que elaboraran na asignatura de Educación Plástica e Visual e por último gravouse un "mannequin challenge".
REUNIÓN COS TITORES
O mércores 19 de outubro terá lugar unha reunión ás 19 horas cos titores de cada curso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »