Proxecto "caixas"
Os alumnos e alumnas de primeiro de ESO participaron este martes 30 de maio no proxecto "caixas", unha iniciativa da semana das artes plásticas da Mariña, no que, axudados pola artista plástica Cris Basanta, realizaron esculturas cos materiais de reciclaxe que atoparon dentro das caixas.
Semana de Maruja Mallo
Con motivo da celebración da semana de Maruja Mallo, iniciativa proposta pola deputación provincial de Lugo, os alumnos de 1º de ESO realizaron cómics a partir de cadros da artista e os de 4º de ESO fixeron un mural nas gradas do instituto ca técnica do estarcido. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.
Participación no programa Mares de Cultura
Podedes acceder á páxina de Mares de Cultura no seguinte enlace para ver a actividade desenvolvida co alumnado de primeiro da ESO en Viveiro e San Cibrao.
17 de maio - Día internacional contra a homofobia e a transfobia
O alumnado de 3º de ESO participante no programa Quérote+ fai LIKE pola diversidade.
Días non lectivos (15 e 16 de maio)
O 15 e o 16 de maio son os días non lectivos elixidos polo centro, como o 17 é o Día das Letras Galegas ata o xoves 18 non nos incorporaremos ás clases.
Semana das Artes Plásticas no CENIMA de Foz
Con motivo da Semana das Artes Plásticas, este xoves 27 de abril acudiron todos os cursos á exposición "Ser visibles" no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) en Foz. Este ano foi adicado a once mulleres artistas da comarca.
Mímica
Neste vídeo de mímica podedes ver @s alum@s de Teatro de primeiro e segundo comunicándose a través da expresión corporal e os xestos. Foron dirixidos pola súa profesora Paz Quiroga.
Viaxe a Ferrol
O pasado mércores 19 de abril os cursos de 2º, 3º e 4º de ESO viaxaron a Ferrol para ver a obra de teatro "La Celestina" e visitar o barrio de Canido onde poideron disfrutar das "Meninas" pintadas nas fachadas das casas. Alí foron guiados polo artista que tivo a iniciativa, explicou que grazas a ela e a aportación de moitos pintores o barrio pasou de non ter servizos a ter un gran peso na cidade. Na actualidade hai máis de 5.000 habitantes en Canido.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »