Plantas comestibles

O luns 19 de febreiro o Club de Ciencias do IES Alexandre Bóveda realizou unha saída conxunta co Club de Ciencias do IES Álvaro Cunqueiro durante o tempo de lecer da tarde (14:30 a 16:20).

Contamos coa experta Patricia Puga que nos aprendeu a identificar diferentes plantas silvestres comestibles da contorna do instituto (zona do cemiterio).

Elaboraranse receitas con estas plantas nunha sesión posterior, para que o alumnado poida apreciar o valor culinario das especies seleccionadas.