Skip to Content

PROBAS DE ACCESO A CICLOS - CONVOCATORIA 2023

Prazos de inscrición:
• Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
• Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información aquí:
https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2023.

CONCURSOS DE NADAL 2022

Gran traballo en equipo para a decoración das Portas de Nadal. As portas premiadas foron para os grupos de 1° ESO B, por bonita e pola orixinalidade, e 2° ESO E, por eficiencia na elección de recursos e pola creatividade.
Especial mención a outras participacións, á da porta do Departamento de Lingua Castelá cun impresionante debuxo tipo manga realizado por Inés de 2° ESO A e á da decoración da parede xunto a porta do grupo de 2° Bacharelato A.
E, como non, premio á foto editada da nosa árbore de Nadal "Christmas"
Parabéns a tod@s!!!

Concurso de Postais de Nadal organizado polo Departamento de Francés. Un éxito de participación e uns traballos moi bos. Noraboa ás premiadas!!!

CAMPAÑA SOLIDARIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

Moitas grazas pola vosa colaboración e solidariedade!!!

VALES DE MATERIAL ESCOLAR - AMPLIACIÓN - CURSO 2022-2023

Os vales para adquirir material escolar - AMPLIACIÓN - pendentes de recoller pasar pola secretaría do centro coa debida identificación da persoa solicitante. 

Estes vales deben empregarse na librería/establecemento preferentemente antes do 1 de decembro de 2022

25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Traballo elaborado en conxunto polo Equipo da Biblioteca, o EDLG, o Departamento de Educación Plástica e Vicedirección.

E coa especial participación do alumnado e os titores/as.

CONSELLO ESCOLAR - 3ª XUNTA ELECTORAL

RESULTADOS DOS ESCRUTINIOS

A xunta electoral, con data 25 de novembro de 2022, proclama os candidatos electos dos distintos sectores da comunidade educativa para representar ao Consello Escolar.

No taboleiro do centro están publicados:

  • Os resultados dos escrutinios das votacións de cada mesa sectorial.

  • Os candidatos/as proclamados para a renovación parcial do Consello Escolar.

DÍA NON LECTIVO

A Xefatura Territorial resolve autorizar como día non lectivo o día 05/12/22. 

Non haberá clases. 

CONSELLO ESCOLAR - 2ª XUNTA ELECTORAL

A xunta electoral reuniuse con data 16 de novembro de 2022 para:

  • A publicación das candidaturas por sectores de representación para o Consello Escolar no taboleiro do centro.

  • A aprobación e publicación definitiva dos censos electorias dos distintos sectores no taboleiro do centro.

  • A designación dos membros das distintas mesas electorais.

O período de campaña electoral será dende o 16 de novembro ata o 22 de novembro do 2022 (ambos incluídos).

O 23 de novembro de 2022 será xornada de reflexión.

O 24 de novembro de 2022 será a celebración de eleccións de membros do Consello Escolar.

Distribuir contido

 



by Dr. Radut