Skip to Content

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU 6-7-8 XUÑO 2023

LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

HORARIO DE REALIZACIÓN DAS  PROBAS

NORMAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

- O alumnado deberá levar consigo:

  • Etiquetas que serán entregadas pola CIUG na presentación.

  • DNI ou pasaporte.

  • Resgardo de matrícula e xustificante de pagamento.

  • Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.

- O alumnado poderá acudir aos exames cos seguintes materiais específicos:

Dicionario latín/español ou galego para o exame de Latín II, con apéndice gramatical, pero sen páxinas de contidos literarios, que, no seu caso, deberán ser extraídas ou grampadas. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal.

Dicionario de grego/español ou galego para o exame de Grego II, con apéndice gramatical. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal.

Material de debuxo e pintura para os exames de Debuxo Técnico II e Deseño. Na materia de Deseño está permitido o emprego de material complementario (fotos, recortes, etc.).

Calculadora, sen capacidade de programación e sen capacidade gráfica, para os exames de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química e Economía de empresa. Os membros da comisión delegada poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, será retirada e non poderá ser substituída por outra.

O alumnado NON poderá acceder á aula con TELÉFONO MÓBIL, reloxo ou calquera outro dispositivo electrónico activados. De darse o caso, poderá ser obxecto de medida disciplinaria (expulsión da aula, cualificación do exame con 0 puntos ou anulación total da proba). Tampouco poderá utilizar ningún dispositivo de escoita non autorizados. Os responsables das aulas deberán informar con claridade desta norma ao inicio das probas.

Para máis información acceder á CIUG.

TRANSPORTE ESCOLAR - CURSO 2023-2024

As novas paradas solicitaranse polas persoas interesadas para persoas usuarias con dereito nos centros escolares dentro dos prazos que establece a instrución.

 

PRAZO: Ata o 07 de xullo para todas as solicitudes.

 

Unicamente poderán ser tramitadas fóra deste prazo solicitudes por necesidades extraordinarias debidamente xustificadas, cambios de domicilio, escolarizacións posteriores ao comezo do curso, escolarizacións forzosas, etc.

 

Acceso á circular aquí.

Acceso á solicitude de modificación de itinerario aquí.

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR NA ESO PARA O CURSO 2023-2024

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.
O prazo para presentar solicitudes será do 20 de maio ata o día 21 de xuño de 2023 (ambos días incluídos).

GRADUACIÓN 2° BACHARELATO - CURSO 2022-2023

No programa para o acto de Graduación de 2° de Bacharelato cos nosos alumnos e alumnas como principais protagonistas, preparáronse distintas actuacións. A vicedirectora, Isabel Dobaño, e o secretario, Josecho González, colaboraron en todos os preparativos. Os presentadores Elena Fraga  e Pedro Fariña foron os perfectos anfitrións. Ademais dos discursos da directora, Marta Martínez, e as titoras, María Rei e Olaya Fernández (titora do curso anterior) houbo dúas presentacións de proxeccións realizados polas alumnas Nuria García (coa colaboración do profesor Carlos López) e Tania Fraga. As actuacións musicais en directo foron brillantes, tanto por parte de Mariña Pérez coma de Daniela Montes. E, como non, os representantes de cada grupo presentaron o seu discurso cunhas moi boas pinceladas de humor, tan necesarias. A entrega de becas e agasallos foi o momento álxido do acto de graduación e esperamos sexa un gran recordo. Desexámosvos o mellor e esperamos saber pronto de vós como mulleres e homes de futuro cumprindo os vosos soños de vida.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2023-2024

Publicado no taboleiro do centro as listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido no noso centro para o curso 2023-2024.

BOLSAS E AXUDAS ANEAE - MINISTERIO DE EDUCACIÓN - CURSO 2023-2024

Bolsas e Axudas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (ANEAE) do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024.

Plazo de presentación de solicitudes do 08 de maio de 2023 ata o 20 de setembro de 2023.

Acceso ao enlace AQUí.

Distribuir contido

 



by Dr. Radut