Skip to Content

ENTROIDO 2024

Entroido, antroido, entroiro, entruido o entrudio​... é una festa moi popular en Galicia.

Exposición sobre o Entroido en diferentes localidades e as súas tradicións.
Máscaras realizadas polo alumnado de Educación Plástica completan esta exposición tan alegre e diversa.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2023-2024

Concurso de Postais de Nadal organizado polo Departamento de Francés. Un éxito de participación e uns traballos moi bos. Noraboa aos premiados!!!

FELICES FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Amizade, compañeirismo, saúde, amor,  bondade, respecto, paz...
Felices Festas e próspero ano novo... para toda a comunidade educativa.

25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase cada ano o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar medidas para a súa erradicación.


Con motivo deste día, ademais do precioso mural preparado polo Equipo da Biblioteca coa colaboración do alumnado e dos titores/as, o Departamento de Orientación organizou obradoiros en cooperación co Centro de Información á Muller do Concello de A Laracha.

MAGOSTO 2023

Castañas asadas!
Baile e música tradicional!!
Xogos tradicionais e populares!!!

Un curso máis celebramos o Magosto cunha gran xuntanza para comer castañas, ademais de gozar de bailes e xogos co alumnado e co profesorado.

 

Grazas pola organización da Vicedirección, a colaboración do Departamento de Educación Física, do EDLG, tamén doutro profesorado e alumnado.

SAMAÍN 2023

O Equipo da Biblioteca, o EDLG, a Vicedirección e os titores e titoras estiveron preparando co alumnado un Samaín imaxinativo e orixinal.
O alumnado de 1° da ESO encargouse das cabazas artesanais e as follas, que caen da árbore coma no outono con textos terroríficos, foron elaboradas coa participación de alumnado de todos os niveis.
Preparouse unha representación desta festa tradicional galega de luz e oscuridade, de santa compaña e de moita maxia...

Samaín, festa tradicinal de meigas e bruxas
Alumnas e alumnos participan na festa
Mazorcas de millo, cabazas, ourizos...
Agra de Leborís e Agra dos Libros
Iniciando un ano novo celta
Novembro de ofrendas, festa e amizade...

CERTIFICACIÓN DE IDIOMAS_CURSO 2023-2024

PROBAS GRATUITAS DE ACREDITACIÓN DO NIVEL LINGÜÍSTICO DO ALUMNADO DE 4º ESO E BACHARELATO EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CCEFPU

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa, segundo corresponda.

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 segundo o decida o alumnado, coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira (preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollidas no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso escolar 2023-2024.

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro non fose suficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán ao alumnado segundo criterios públicos, transparentes e obxectivos, dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno/a poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira.

Co fin de identificar ao alumnado interesado en participar nas probas, deberán cumprimentar unha solicitude de participación con data límite 27 de outubro.

A presentación desta solicitude non implica que o alumnado poida facer a proba, xa que o centro ten que ser seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e unha vez o sexa, en función do número de solicitudes, os fondos asignados poderían non ser suficientes para todo o alumnado inscrito.

Enlace á solicitude AQUÍ

Enlace á Resolución AQUÍ

Enlace á Orde AQUÍ

 

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO_OUTUBRO 2023

A Xefatura Territorial da Coruña resolve autorizar como día non lectivo

o 13 de outubro de 2023

Non haberá clases.

Distribuir contido

 



by Dr. Radut