Skip to Content

NOVA ESTRATEXIA E CONTROL COVID-19

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO - 01/04/2022

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1*. Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19 .

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1*, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19 .

3.- Os  casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As  recomendacións  preventivas  para  os  casos  sospeitosos,  confirmados  e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Que-facer-contacto-covid)

5.- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de  rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos.

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; no referente ás actuacións ante síntomas  dos  nenos/nenas  compatibles  coa  COVID-19  ou  doutras  enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas .

1* GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas.

BOLSAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN (MEC) 2022-2023 - BACHARELATO

 

AMPLIACIÓN DO PRAZO ATA O 16 DE MAIO DE 2022.

 

Publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é

do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.



A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.


Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.


As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.


Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.


Máis información na seguinte ligazón:


https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html


A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023 - RESERVA DE CENTROS ADSCRITOS

Está publicado no taboleiro do centro a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. 

Reserva para o curso 2022-2023 do alumnado de 1º da ESO.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Solicitude de Admisión de alumando de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato dende centros non adscritos

Prazo aberto

do 1 de marzo ao 21 de marzo de 2022

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

  • Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

  • Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admision alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  1. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

  • Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

  • https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

2º TRIMESTRE - PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID19

Comunicacións obrigatorias de sintomatoloxía ou de confirmación de covid19

Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado.

Ademais, os conviventes que non dispoñan dunha pauta de vacinación completa e tampouco foran diagnosticados da COVID-19 nos últimos 6 meses deberán seguir as indicacións do Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao Covid-19 no ámbito educativo non universitario de Galicia e absterse de asistir ao centro educativo ata que se resolva a situación do caso sospeitoso.

O alumnado ou o persoal do centro que convivan coa persoa positiva serán considerados contactos estreitos, excepto que a Central de Seguimento de Contactos lles indique o contrario. Tendo en conta isto:

  • As persoas conviventes do caso positivo que estean vacinadas coa pauta completa ou aquelas que fosen diagnosticadas da COVID nos últimos 6 meses poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, extremando sempre as medidas de prevención.

  • Pola contra, os conviventes que non dispoñan dunha pauta de vacinación completa e tampouco foran diagnosticados da COVID-19 nos últimos 6 meses deberán absterse de asistir ao centro educativo e esperar as indicacións da Central de Seguimento de Contactos en corentena.

CONTRATO CAFETERÍA 2021 2022

Comunicamos que dende o día 15 de decembro de 2021 está publicada na páxina da plataforma de contratación da Xunta de Galicia os datos xerais e a documentación para licitar o contrato para desenvolver todas as prestacións necesarias para xestionar a cafetería do noso centro, correspondente á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na Coruña.

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=803619&lang=gl

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 12 de Xaneiro de 2022 ás 14.00 horas.

RECOLLIDA DE MÁSCARAS COVID19 - ESO

Todo o alumnado da ESO que se relaciona na listaxe de admitidos

 

para a distribución de máscaras 

 

as poden recoller na secretaría do centro.

AUTORIZACIÓN DÍA NON LECTIVO

Autorizado como día non lectivo

 

Martes, 7 de decembro de 2021

 

Non haberá clases

Distribuir contido

 



by Dr. Radut