Skip to Content

LISTAXE DE ADMITIDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS - ESO

Está publicado no taboleiro do centro a listaxe de admitidos para a distribución de máscaras.

 

A distribución de máscaras hixiénicas reutilizables ao alumnado da ESO realizarase nas datas que indique o centro. 

 

Emitiranse novas instruccións. 

CONSELLO ESCOLAR - RESULTADOS ELECCIÓNS

A xunta electoral, con data 25 de novembro de 2021, proclama os candidatos electos dos distintos sectores da comunidade educativa para representar ao Consello Escolar. 

 

No Taboleiro do centro están publicados:

 

  • Os resultados dos escrutinios das votacións de cada mesa sectorial. 

 

  • Os candidatos/as proclamados para formar parte do Consello Escolar.

CIRCULAR INFORMATIVA - CONSELLO ESCOLAR

Circulares informativas dirixidas ás familias e ao alumnado sobre o procedemento a seguir para as eleccións de representantes ao Consello Escolar. 

Horario para as votacións por sectores:

Familias:

- De 9:00 a 14:20 - de 16:00 a 19:00 horas 

Alumnado:

- De 9:00 a 14:20 horas 

As mesas electorais estarán ubicadas no lugar do comedor.

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DA ESO

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de ESO regulado pola Orde do 28 de outubro de 2021.

O alumnado destinatario matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

Enlace da orde do 28 de outubro de 2021, aquí.

Enlace das instruccións, aquí.

CONSELLO ESCOLAR - CANDIDATURAS

A xunta electoral reuniuse con data 15 de novembro de 2021 para:

 

  • A publicación das candidaturas por sectores de representación para o Consello Escolar no taboleiro do centro. 

 

  • A aprobación e publicación definitiva dos censos electorias dos distintos sectores no taboleiro do centro. 

 

  • A designación dos membros das distintas mesas electorais. 

 

O período de campaña electoral será dende o 16 de novembro ata o 22 de novembro do 2021 (ambos incluídos). 

 

O 23 de novembro de 2021 será xornada de reflexión.

 

O 24 de novembro de 2021 será a celebración de eleccións de membros do Consello Escolar. 

CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR - ALUMNADO

O alumnado interesado en ser representante do Consello Escolar debe presentar candidatura na secretaría do centro.

O prazo remata o 15 de novembro de 2021. 

CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR - FAMILIAS

Achégase a seguinte documentación para a elección de representantes das familias ao consello escolar:

- Convocatoria para as familias

- Modelo de candidatura

CONSELLO ESCOLAR 2021 - ELECCIÓNS

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros de consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, leváronse a cabo as seguintes actuacións: 

  • Constitución da Xunta Electoral

  • Convocatoria de reunión da Xunta Electoral

  • Reunión da Xunta Electoral

Publicación, no taboleiro do centro, dos censos provisionais dos seguintes sectores:

  • Profesorado

  • Pais/nais/titores-as legais

  • Alumnado

  • Persoal de Administración e Servizos

O prazo de presentación de candidaturas dos distintos sectores será dende hoxe día 5 ata o 15 de novembro de 2021 ás 10:00 horas (ambos incluídos).

A celebración das votacións dos distintos sectores será o día 24 de novembro de 2021.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS

Publicado no taboleiro do centro a listaxe definivo do Fondo Solidario de Libros de texto.

 

As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros,

 

empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Distribuir contido

 



by Dr. Radut