Departamento do Ámbito de Sociedade

os grelos: foodprint na nosa cultura

Como sabedes este curso 2012/2013 estamos a coordinar un proxecto Grundtvig. Dentro do proxecto aportamos unha visión da nosa cultura a través da nosa alimentación. E que hai máis galego ca os grelos?...

actividades do Departamento

Dentro do Departamento de Sociedade temos a intención de ir colgando no noso apartado as actividades que realizamos nas nosas clases e os contidos que impartimos.

Dentro do traballo que facemos no curso de 1º da ESA comezamos traballando arredor do Planeta Terra. Ahí vos vai o noso traballo de aula.

curso 2011-2012

CURSO 2011-2012

Comeza o novo curso e temos cambios no noso Departamento. Deixounos Antonio, o anterior xefe de Departamento, que foise destiñado a outro Centro. Recibimos a Victoria, nova Xefa de Departamento coa que continuamos a nosa andaina.

O día da muller traballadora. 8 de marzo

Andivemos estes dias antes do antroido traballando o tema do Día da Muller Traballadora. Intentamos darlle un enfoque histórico buscando que os alumnos comprenderan o desenvolvemento da idea da igualdade da muller vendo como foi evolucionando ata chegar aos nosos días. Tamén tentamos de transmitirlles a idea de que estamos nun momento histórico desta loita e que esta vai seguir cara adiante.

Unha ollada ao galeguismo

Amosámosvos o traballo realizado sobre a orixe histórica do galeguismo.

O tabaco

Estes días andamos a voltas co tema do tabaco. Todos sabemos que para os nosos alumnos o tabaco é moi importante. Porén, non estaría mal comentar algunhas ideas arredor del.

Ahí vos van

As leis

Tamén temos traballado co gallo do día da Constitución o que é unha lei e o que significa a prelación das leis. Estudamos a Constitución e as leis que emanan dela.

presentámosvos a unidade realizada.

Departamento de Sociedade

Iniciamos a andaina do noso departamento na web. O departamento está formado por un profesor de Secundaria (Xefe do Departamento), Antonio e por un mestre (José Antonio). Ambos impartimos as nosas clases nos catro módulos da ESA que se imparten no noso centro.

Powered by Drupal - Design by artinet