Benvida
Benvid@s ao centro E.P.A.P.U. de TEIXEIRO
A EDUCACIÓN, A TÚA MELLOR OPCIÓN DE VIDA. A ESCOLA, NOVO PUNTO DE PARTIDA.
Carta Che Escribo
O claustro de docentas vai comezar un proxecto de innovación educativa ao redor do xénero epistolar durante o presente curso escolar. Entre outras actividades salientamos:
- Concursos e exposicións de cartas e postais
Exposición de Juantxu Rodríguez
Estes días, na planta baixa, o alumnado pode disfrutar dunha exposición fotográfica de Juantxu Rodríguez.
Exposición de mapas
O noso alumnado pode disfrutar dunha exposición de mapas nos corredores do EPAPU durante esta última parte do cadrimestre.
Pulo aos clubs de lectura
Concedéronnos 650 euros para a mellora da dotación dos nosos clubs de lectura.
Visita de Iria López Teijeiro
Alumnado do nivel II e de 1º de ESA están a traballar nos clubs de lectura co libro Niña de Cristal da autora galega Iria López Teijeiro. A escritora virá falar do seu libro o próximo 11 de febreiro e o noso alumnado mostraralle o traballo sobre o xogo da oca e a súa novela que están a realizar durante o presente curso escolar.