Complementarias

Carta Che Escribo

 O claustro de docentas vai comezar un proxecto de innovación educativa ao redor do xénero epistolar durante o presente curso escolar. Entre outras actividades salientamos:

- Concursos e exposicións de cartas e postais

Exposición de Juantxu Rodríguez

Estes días, na planta baixa, o alumnado pode disfrutar dunha exposición fotográfica de Juantxu Rodríguez.

O Entroido 2015

Estes días o noso alumnado aprende sobre o Entroido en Galiza.

Exposición de mapas

 

O noso alumnado pode disfrutar dunha exposición de mapas nos corredores do EPAPU durante esta última parte do cadrimestre.

Visita de Iria López Teijeiro

Alumnado do nivel II e de 1º de ESA están a traballar nos clubs de lectura co libro Niña de Cristal da autora galega Iria López Teijeiro. A escritora virá falar do seu libro o próximo 11 de febreiro e o noso alumnado mostraralle o traballo sobre o xogo da oca e a súa novela que están a realizar durante o presente curso escolar.

Foodprint.eu preséntase aos galardóns PAC

 

De novo este ano, presentámomos aos galardóns a petición da Comisión Europea. Manterémosvos informados.

Visítannos membros de Programas Europeos e colegas de toda Europa

O día 30 de xaneiro, Día da Paz, visitáronnos Blanca Fraga e Luz Ares de programas europeos e viñan acompañadas de dezaseis colegas de outros tantos países europeos. Viñéronse interesar polo noso proxecto Foodprint.eu e a coñecer como traballa o noso claustro co alumnado do centro. En breve poderedes ler a reportaxe e ver fotos sobre a xornada na páxina web do proxecto: www.foodprint.eu

Powered by Drupal - Design by artinet