Complementarias

EXPOSICIÓN OBRÍM UNA FINESTRA AL MÓN

   Obrim una finestra al món

Visita da AGXPT

16/04/2012 09:15
16/04/2012 12:15
Etc/GMT+1

A Asociación galega do xogo popular e tradicional vén compartir connosco os seus xogas no mes de abril. O noso alumnado tamén lles ha de ofrecer mostras dos seus xogos tradicionais.

Pase da curtametraxe Dairas

Na primavera é posible que nos visite o Taller de Creación artística do IES Manuel García Barros para mostrarnos a súa curtametraxe Dairas.

A AGXPT visítanos en abril

A Asociación galega do xogo popular e tradicional vén compartir connosco os seus xogos no mes de abril. O noso alumnado tamén participará con mostras dos deles.    

Membros da asociación acompañados de alumnado do IES de Melide compartirán unha mañá connosco no EPAPU de Teixeiro.

Visítanos o escritor Fernando Marías

01/03/2012 10:00
01/03/2012 12:15
Etc/GMT+1

O vindeiro 1 de marzo temos a honra de recibir entre nós ao escritor Fernando Marías. Como sempre  que nos visita alguén, o noso alumnado está moi ilusionado, e especialmente neste caso no que terán a oportunidade de interactuar co escritor e facerlle preguntas a propósito da súa obra.

CONCURSO POLÍTICA LINGÜÍSTICA LETRAS GALEGAS 2012

Profesorado e Alumnado colaboran por segundo ano consecutivo.

Tras crear quince carteis o curso pasado para homenaxear a Lois Pereiro este ano estamos a elaborar dez, que son os que se piden desde política lingüística para a homenaxe a Valentín Paz Andrade, ademais dunha guía multidisciplinar.

FESTA DE INVERNO

20/12/2011 10:00
20/12/2011 13:00
Etc/GMT+1

 A escola vístese de festa e tras decorar os pasillos coas postais que se fixeron nas aulas a semana pasada, pasamos unha mañá distendida con algo de comer e de beber e música. Un pequeno esforzo para tratar de conseguir un pouco de ledicia para un alumnado que o pasa bastante mal durante estas datas sinaladas para moitos. Desexamos que o próximo ano 2012 sexa mellor para tod@s.

DÍA DO LIBRO

23/04/2012 09:15
23/04/2012 12:15
Etc/GMT+1

Celebraremos unha maratón de lectura en distintas linguas na biblioteca do centro.

SEMANA DA PRENSA

12/03/2012 00:15
16/03/2012 13:00
Etc/GMT+1

 

         Aproveitaremos nesta semana para seguir a traballar coa Voz na Escola e outras actividades que terán lugar nas aulas e na biblioteca do centro. Xa recibimos este curso a visita da TVG e traballamos o texto xornalísitico nos distintos niveis.

DÍA DA SAÚDE/ EXPOSICIÓN OBRÍM UNA FINESTRA AL MÓN

10/04/2012 09:15
20/04/2012 13:00
Etc/GMT+1

Aproveitamos a chegada da exposición do gañador do III Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento, Obrím una finestra al món, para conmemorar ao mesmo tempo o Día da Saúde.

Powered by Drupal - Design by artinet