Skip to Content

bloque-estilos

2º BAC

2º BAC

Temporalización:

O curso comeza na última semana de setembro e remata ao inicio da segunda quincena de maio.

As titorías lectivas (“clases”) son os martes e os xoves de cada semana.

Os horarios do curso publícanse en setembro.

 

Materias comúns a todas as opcións de 2ºBAC:

As materias comúns son:

-Lingua Galega e Literatura II.

-Lingua Castelá e Literatura II.

-Primeira lingua estranxeira II: escóllese entre Inglés, Francés e Portugués.

-Historia de España

 

Materias segundo as opcións (ou “modalidades”):

-Na opción de Ciencias:

  • Troncal de opción obrigatoria: Matemáticas II

  • Troncais de opción optativas (escoller dúas):

    • Bioloxía

    • Xeoloxía

    • Debuxo Técnico II

    • Física

    • Química

 

-Na opción de Humanidades:

  • Troncal de opción obrigatoria: Latín II

  • Troncais de opción optativas:

    • Historia da Filosofía: obrigatoria nesta opción (consultar as excepcións no momento da matrícula).

    Escoller unha entre as seguintes:

      • Historia da Arte

      • Grego II

      • Economía da Empresa

      • Xeografía

 

-Na opción de Ciencias Sociais:

  • Troncal de opción obrigatoria: Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II

  • Troncais de opción optativas:

    • Historia da Filosofía: obrigatoria nesta opción (consultar as excepcións no momento da matrícula).

    Escoller unha entre as seguintes:

      • Historia da Arte

      • Grego II

      • Economía da Empresa

      • Xeografía

 

Materias específicas (“optativas”):

Hai que escoller dúas entre as seguintes materias:

  • 2ª lingua estranxeira II: Francés

  • 2ª lingua estranxeira II: Portugués
  • Ciencias da Terra e do Medio Ambiente

  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación II (TIC II)

 

Tamén se pode escoller como específica unha das troncais de opción optativas non escollida, de calquera das tres opcións, Ciencias, Humanidades ou Ciencias Sociais.

 

Cualificacións:

Unha materia superada en calquera das convocatorias queda permanentemente superada e non se cursará de novo.

 

En 2º BAC existen as convocatorias de maio (ordinaria) e de xuño (extraordinaria).

 

Titulación:

Cando se supera todo o Bacharelato debe solicitarse a expedición do título de Bacharel, para o que deben pagarse unhas taxas. A solicitude debe facerse na oficina do centro.

O título permite o acceso a ciclos de formación profesional de grao superior e a graos universitarios, aínda que neste caso debe superarse a ABAU.

No caso de ensinanzas artísticas, consulte co centro onde se imparten ditos graos o modo de acceso, xa que en moitos deles é necesario unha proba de acceso específica.

 

Volver ao inicio de Oferta educativa

Distribuir contido


by Dr. Radut