Skip to Content

bloque-estilos

BAC

Bacharelato

Información xeral do Bacharelato

 

O Bacharelato (BAC) no noso centro só é Semipresencial. A cada materia dedícaselle unha sesión semanal. Hai dous turnos, un de mañá e outro de tarde; o normal é asistir só a un deles, pero en función das necesidades do alumnado é posible alternalos en semanas distintas.

 Características do BAC Semipresencial

Estruturación do curso:

Ofértanse 3 opcións ("modalidades"):

-Científico-Tecnolóxico.

-Ciencias Sociais.

-Humanidades.

Todas elas comparten unhas materias comúns obrigatorias e outras opcionais. Estas materias indícanse nas ligazóns de 1ºBAC e 2ºBAC.

Cada materia avalíase independentemente das outras, polo que se unha materia está superada xa non hai que volver cursala.

Hai unha serie de materias chamadas de contidos progresivos (“materias chave”). Nestas materias hai que ter superada a de 1º para poder ser avaliado da de 2º. Son as seguintes:

 

   
   

Como norma xeral, para cada materia hai unha titoría lectiva (presencial) de asistencia obrigatoria en horario de mañá e outra en horario de tarde. Ademais, cada materia ten unha sesión semanal de titoría de orientación na que pode contactar co profesorado tanto persoal (no centro) como telefonicamente. Outros medios de comunicación co profesorado son o correo electrónico e a aula virtual.

Duración do curso:

Os cursos son anuais e inícianse a finais de setembro e finalizan en maio (2ºBAC) ou en xuño (1ºBAC). 

O período de solicitude de matrícula é, como norma xeral, na primeira quincena de setembro. Para coñecer as datas concretas, contactar co centro.

 

Titulación:

Para poder titular hai que ter aprobadas ou validadas 9 materias de 1ºBAC e 9 de 2ºBAC. O título de bacharel permite o acceso a Ciclos superiores e a graos, inda que neste caso pode haber que superar algunha proba de acceso (ABAU, etc).

 

Materiais do curso:

 Dependendo das materias, utilízanse libros de texto ou apuntamentos proporcionados polo profesorado que se poderán descargar da Aula Virtual ou fotocopiar na Conserxería. Tamén haberá información, apuntamentos, exercicios, etc. na Aula Virtual do centro.

 

Volver ao inicio de Oferta educativa

 

Distribuir contido


by Dr. Radut