Skip to Content

bloque-estilos

1º BAC

1º BAC

Temporalización:

O curso comeza na segunda quincena de setembro e remata na 3ª semana de xuño.

As titorías lectivas (“clases”) son os luns e os mércores de cada semana.

Os horarios  do curso publícanse en setembro.

 

Materias comúns a todas as opcións de 1ºBAC:

As materias comúns son:

-Lingua Galega e Literatura I.

-Lingua Castelá e Literatura I.

-Primeira lingua estranxeira I: escóllese entre Inglés, Francés e Portugués

-Filosofía.

-Educación Física.

 

Materias segundo as opcións (ou “modalidades”):

-Na opción de Ciencias:

  • Troncal de opción obrigatoria: Matemáticas I
  • Troncais de opción optativas (escoller dúas):
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Debuxo Técnico I
    • Física e Química

 

-Na opción de Humanidades:

  • Troncal de opción obrigatoria: Latín I
  • Troncais de opción optativas (escoller dúas):
    • Historia do Mundo Contemporáneo
    • Literatura Universal
    • Grego I
    • Economía

 

-Na opción de Ciencias Sociais:

  • Troncal de opción obrigatoria: Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I
  • Troncais de opción optativas (escoller dúas):
    • Historia do Mundo Contemporáneo
    • Literatura Universal
    • Grego I
    • Economía

 

Materias específicas (“optativas”):

Hai que escoller unha entre as seguintes materias:

  • 2ª lingua estranxeira I: Francés
  • 2ª lingua estranxeira I: Portugués
  • Cultura Científica
  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación I (TIC I)

 

Tamén se pode escoller como específica unha das troncais de opción optativas non escollida, de calquera das tres opcións, Ciencias, Humanidades ou Ciencias Sociais.

 

Cualificacións:

Unha materia superada en calquera das convocatorias queda permanentemente superada e non se cursará de novo.

 

En 1º BAC existen as convocatorias ordinaria e extraordinaria, ambas en xuño. O alumnado de 2º con materias de 1º ten a opción de examinarse a finais de abril/principios de maio das materias de 1º para ter a opción de ir á convocatoria ordinaria das ABAU.

 

Volver ao inicio de Oferta educativa

Distribuir contido


by Dr. Radut