IMPORTANTE: FINALIZACIÓN DO CURSO 2019-20

 

1.- Cursos de promoción:

  • A avaliación terá lugar antes do 26 de xuño (avaliación continua, sen exames). A data exacta de publicación comunicarase a través da páxina web, redes sociais e CentrosNet.
  • O alumnado NON APTO terá unha recuperación no mes de setembro.
  • O alumnado APTO que prefira repetir curso, deberá asinar e entregar o documento de “Renuncia á promoción” no prazo de 3 días hábiles desde a publicación dos resultados. Esta renuncia non supón a devolución das taxas. Pode atopar este documento no apartado de Instancias da nosa páxina web (marxe esquerda).

 

2.- Cursos de certificación:

  • As probas de certificación non se realizarán antes do mes de setembro.
  • O sistema de avaliación non se modifica.

 

3.- Alumnado libre

  • O prazo de matrícula reanudarase cando as circunstancias sanitarias o permitan. Este prazo publicarase na nosa páxina web e redes sociais.
  • O alumnado xa matriculado poderá renunciar á matricula e solicitar a devolución das taxas aboadas. O prazo para esta renuncia será de ata 15 días antes da date de inicio das probas, cando se estableza.

 

4.- Renuncia

  • O alumnado poderá renunciar á matrícula antes do 30 de xuño. A renuncia pode facela achegando o documento de renuncia asinado e unha fotocopia do DNI, por correo ordinario ou electrónico. Pode atopar este documento no apartado de instancias da nosa páxina web (Marxe esquerda)
  • A renuncia non contará para os efectos de permanencia.
  • O alumno que renuncia durante este curso non terá que facer preinscrición e poderá matricularse no prazo que se estableza.
  • A renuncia non supón devolución de taxas.

 

5.- That’s English

  • A avaliación de módulos pendentes farase aplicando a avaliación continua.
  • Se o profesorado non tivese suficientes datos, faranse, durante o mes de xuño, actividades telemáticas que lle permitan obter unha cualificación.
  • A recuperación dos módulos non superados farase en setembro.
  • O alumnado dos módulos 4, 8 e 12 realizará as probas de certificación correspondentes (ver punto 2).

 

6.- Alumnado CALC e CUALE:

  • Haberá un novo prazo de matrícula que se fará público na nosa páxina web e redes sociais.

 

Ligazón ao documento

Atención ao público

Debido ao peche dos centros educativos por causa do COVID-19, a atención ao público na EOI de Lugo sufrirá as seguintes alteracións entre 16.03.2020 e o 01.06.2020:

Atención ao público. O centro estará pechado. Para asuntos urxentes que non poidan adiarse, poden poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico eoi.lugo@edu.xunta.gal.

Estas medidas poderían ser prorrogadas se as autoridades educativas mantivesen o peche dos centros educativos alén do 01.06.2020.

 

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.

 

Oficina de That's English!

A oficina de That's English! de Lugo estará pechada durante o estado de alarma. Non terá servizo de atención nin telefónica nin por correo. 

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-2020

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN PARA O CURSO 2019-2020

 

 

 

 

Títulos de B2- Certificación dos niveis A2-B1-C1 e cursos monográficos - curso 2017-18

Pódense recoller na oficina do centro as CERTIFICACIÓNS DOS NIVEIS A2-B1-C1 e dos cursos monográficos correspondentes ao curso 2017-18

Podense recoller na oficina os títulos de B2 solicitados no ano natural 2017

Diplomas do Curso de linguaxe administrativa galega nivel media e superior

Están dispoñíbeis os diplomas do Curso de linguaxe administrativa galega da convocatoria de 2018/19 18CMLA-L1@EOI-01, 18CMLA-L1@EOI-02,18CSLA-L1@EOI-03, 18CSLA-L1@EOI-04 que se realizaron nesta escola.

As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando suficientemente a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar

Syndiquer le contenu