DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

QUE É?

O Departamento de Orientación é un servizo gratuito que se oferta desde 

 

o centro para asesorar e informar a familias, mestres e ao propio alumnado sobre todos aqueles aspectos que poidan repercutir na mellora do rendemento académico e no benestar do noso alumnado.

 

PARA QUE SERVE?

Para aportar información e valorar as necesidades a nivel de estudo, comportamento, rendemento académico, personalidade, adaptación, problemas familiares, hiperactividade, dificultades de pronunciación, dificultades auditivas etc.

O departamento ten recursos para facer valoracións iniciais do alumnado e, no caso de que se considere necesaria a intervención doutros especialistas (psicólogos, neuropediatras, psiquiatras, asistentes sociais ...) é o responsable de comunicarllo ás familias para que acudan a ditos servicios.

É o encargado de tramitar todas aquelas actuacións que, sen ser estrictamente académicas, poidan incidir no desenvolvemento do neno ou nena, sendo o nexo de unión entre o centro e os servizos médicos, cos xulgados ou cos servizos de asistencia social.

 

QUEN O FORMA?

-Orientadora: Profesional con formación en Psicopedagoxía.

-Mestra de Audición e Linguaxe (AL): Especialista nos temas da fala, emisión de son, problemas auditivos e todo o relacionado coa logopedia e a competencia comunicativa.

Hai ocasións en que AL traballa de maneira individual ou en pequeno grupo dado que é un recurso extraordinario. O seu traballo tamén pode ser realizado dentro da aula da titoría, dependendo de varios aspectos: dos contidos que se vaian traballar, das caracterísiticas do alumnado, da organización do horario...

As familias do alumnado que necesite traballar con esta especialista, sempre será informada previamente.

 

COMUNICACIÓN

A forma de solicitar unha entrevista coa orientadora máis habitual é a través das titoras. Tamén por teléfono, abalar, e-mail ou a través da Secretaría do centro.

Os motivos da reunión deben referirse ás funcións propias do departamento.

A reunión realizarase preferiblemente xunto coa titora.

O horario é os martes de 9:00 a 11:30 e os martes pola tarde.

Atenderesa previa cita.

Este horario pódese ver afectado por algún cambio.

Back to top