Skip to Content

A Nosa Escola

Un pouquiño sobre nós...

Somos unha Escola de Educación Infantil pública, que escolariza a nenos e nenas de 3 a 6 anos. Temos como obxectivo fundamental  o desenvolvemento integral do neno/a, levando a cabo unha labor docente baseada nos principios de tolerancia, solidaridade, respecto, integración, igualdade e paz. Adaptámonos ao ritmo de aprendizaxe de cada neno/a, tentando facer unha escola participativa e aberta de cara ao alumnado, profesorado, familia e institucións. 

Contamos, ademais dos titores/as  de aula, con profesorado especialista en Inglés, Audición e Linguaxe, profesorado de apoio e orientador.

O departamento de Orientación, formado por un Orientador e profesora de AL,  que ademáis de atender individualmente aos nenos/as que presentan necesidades educativas de apoio educativo,  realizan obradoiros de estimulación e desenvolvemento da linguaxe oral en todas as aulas, así como un seguimento  continuado de todo o alumnado.

Fomentamos a lectura dende os primeiros anos de escolaridade, tanto no ámbito familiar como no escolar. Contamos con biblioteca escolar para nenos /as donde ademáis de ler, realízanse actividades variadas: contacontos, monicreques, conmemoracións, obradoiro.... Facemos partícipes a toda a comunidade educativa mediante os libros viaxeiros para familias  relacionados coa educación infantil e con contos e actividades para os nenos/as onde as familias poden disfrutar  da lectura  cos seus fillos/as.

Asociamos a nosa metodoloxía ao Método Activo/Participativo, traballando por Proxectos, Recunchos, Propostas de Actividade e Ambientes de Aprendizaxe. Na cal partimos sempre do Constructivismo, deixando que sexan os nenos e nenas os/as constructores das súas aprendizaxes, manipulando todo co que se atopan e tratando de que el@s fagan por si mesm@s todo o que sexan capaces de facer.

Potenciamos os agrupamentos mixtos( de 3,4 e 5 anos), para a realización de obradoiros e actividades no que se fomente o traballo cooperaivo e a relación entre iguais, xa que independentemente da idade vivencian de forma moi positiva a relación entre eles e elas.

En todos os cursos desenvólvese un proxecto educativo que serve de centro de interés  e do que partimos para desenvolver as actividades e contidos que permitan acadar as competencias establecidadas para esta etapa educativa. Este proxecto aplícase en todas as áreas e adáptase aos distintos niveis e capacidades dos nenos/as. Neste curso estamos a traballar o desenvolvemento da intelixencia emocional, a coeducación e a inclusión, a técnica de mindfulness e relaxación, educación para a saúde e o coidado do medio ambente.

Desde os 3 anos introdúcese a primeira lingua estranxeira, inglés, impartida por especialista, distribuída en varias sesións semanais e integrada en diferentes áreas curriculares.

O horario é de 9:00 a 14:00 con servizo de comedor escolar de 14:00 a 16:00 horas.

A EEI Rúa Hernán Cortés está adscrita ao CEIP Lope de Vega, pendente de posible  modificacón co novo proxecto de zonificacón educativa que se está a debater,  polo que os nenos/as da nosa escola  teñen garantida a reserva de matrícula nese Centro Público para o ciclo de Primaria con transporte escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut