Skip to Content

Aula de inglés

OUR ROUTINES

Dende a aula de inglés tratamos de acompañar ó alumnado da escola durante a súa aprendizaxe, facendo unha inmersión lingüística nun idioma estranxeiro de forma lúdica e rutinaria.

 

Cando chega a "teacher" sempre traballamos os saúdos e facemos unha pequena asamblea na que falamos de que día é, en qué mes estamos, como nos atopamos, ou vemos as opcións que o tempo meteorolóxico nos da co noso "graphic weather" (todo aparece reflezado na imaxe de abaixo).

Despois de esa primeira toma de contacto chega o tempo das cancións que nos axudan a aprender dende as cores ou as partes co corpo, ata vocabulario máis específico dunha festividade como o Halloween. Ademáis sempre hai tempo para xogar con todas esas palabras novas que buscamos aprender, sempre con apoios visuais, e mantendo as medidas de seguridade e hixene que a actual situación nos esixe.

Ademais en momentos como a merenda aproveitamos para falar se hoxe nos tocou "sandwich, apple, cheese..." e así lograr que o idioma esté presente en moitos momentos do día, tratando de facer que esa inmersión no inglés sexa o máis natural e fructífera posible.

 

Como vedes, todo son rutinas, para afianzar as contruccións gramaticais básicas, a sonoridade do idioma, e as primeiras palabras funcionais para o seu día a día.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut