Skip to Content

Departamento de orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO

O DO é un servizo do centro para a orintación académica e persoal dos/as alumnos e alumnas. O obxectivo principal do DO é acadar a cooperación de toda a comunidade educativa, para lograr o desenvolvemento persoal, social e académico de todo o alumnado.

En base a isto, o DO pretende ser unha ferramenta máis, para facilitar este cometido de asesoramento, intervención e seguimento psicopedagóxico, tanto no profesorado como no alumnado e familias.

O DO funciona principalmente, a tarvés dunha demanda por parte dos pais/nais/titores-as legais, dos/as titores/as do centro ou do equipo directivo. esta demanda resolverase de diferentes formas, segundoa gravidade do caso: orientación específica para o contexto familiar, orientación específica para o profesorado da aula, avaliación psicopedagóxica, derivación ao Equipo de Orientación específico, derivación aos Servizos sociais/ educativos/sanitarios da zona ou calquera outra decisión que se considere necesaria.

No caso de que calquera familia queira facer uso deste servizo de orientación, poderá pedir cita previa no propio centro ou de xeito telefónico, aínda que a orientadora se atope noutro centro educativo, sendo unha urxencia, atenderá á familia ou titor/a que o desexe vía telefónica.

Distribuir contido


by Dr. Radut