Skip to Content

FESTIVO LOCAL 26 DE SETEMBRO

Mañá martes 26 de setembro NON VIMOS á escola polo festivo local de San Cosme e San Damián.

REUNIÓN INICIO DE CURSO

BECAS NEAE

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Só alumnado de 6º de EI que o próximo curso 23/24 pasa a 1º de Educación Primaria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas para a compra de LIBROS e MATERIAL escolar.

O prazo para presentar a documentación: do 20 de maio ao 21 de xuño, preferiblemente por vía electrónica ou tamén no seu propio centro educativo

Consolídase a subida do bono de material a 75 € para familias cunha renda per cápita inferior a 6.000 € e créase un novo vale de 60 € para o tramo de 6.000 a 10.000 €

No caso dos libros, as axudas para o alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial experimentan unha suba xeneralizada ata máximos de 300 €

 

Podesdes consultar toda a información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Electrónica: a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ (na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos/as).
  • Presencial con asistencia de aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os ANEXOS I e II producidos e presenteos no centro (NO QUE CURSARÁ 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA).
  • Presencial: Utilice os ANEXOS I e ANEXO II da Orde da Convocatoria. Descargar aquí: https://drive.google.com/file/d/19sAY-xJsLF5d-5cYeuiEL3L3WGB7FdgF/view?usp=share_link

 

LETRAS GALEGAS 2023

Aquí están un ano máis as pegadas en galego que elaboraron coas familias os nenos e nenas da EEI O Areal. Con elas, pretendemos achegar a lingua galega á nosa contorna máis próxima.

Para iso, durante o día 17 de maio, a panadería Isolina de Sabaris encargarase de repartir as nosas pegadas como agasallo do día das letras galegas aos seus clientes.

Desexamos que lles gusten e que nos escriban ao enderezo electrónico da escola (eei.oareal@edu.xunta.gal) para contarnos que lles pareceu esta iniciativa.

 

Pero isto non foi o único que fixemos, xa que realizamos outras actividades.

Coñecemos a biografía de Francisco Fernández del Riego e o seu libro “Danzas Populares Gallegas”.

Elaboramos un fermosos mural.

E traballamos a lectura cunha chea de contos en galego.

REUNIÓN MARTES 30 DE MAIO

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS CURSO 2023/2024

Infórmase que están expostas as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2023-24. Poden consultalas na sala do profesorado da escola. TODAS as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

O vindeiro martes 30 de maio ás 16:00 horas teremos a reunión co novo alumnado que comeza no centro o vindeiro curso.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Infórmase da apertura do proceso de admisión do 1 ao 20 de marzo. Poden acceder a toda información na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Lexislación:

 

Formulario de admisión:

 

PREMER AQUÍ PARA LER INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Para recoller ou entregar os formularios de admisión farase en horario de luns a venres de 9:00 a 10:00 horas ou os martes de 15:30 a 17:00 horas.

 

Calquera dúbida ou consulta podedes chamar 886110151 ou ben no enderezo electrónico eei.oareal@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  1. Copia do libro de familia.

  2. DNI/NIE/Pasaporte dos membros da unidade familiar.

  3. En caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial de separación ou divorcio y/o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

  4. Lugar de traballo (en caso de que sexa motivo da acreditación).

  5. Outros específicos dependendo de cada casuística familiar (comprobar ANEXO II).

__________________________________________________________________________________________

 

*INSTRUCIÓNS PARA CALCULAR O IPREM DA UNIDADE FAMILIAR:

  • Para calcular o índice IPREM, tomarás como referencia a última declaración da renda ou IRPF e en ela buscar o apartado 455 para aquelas persoas que realizan dita declaración de maneira única (unha soa persoa).

     

  • En caso de facer a declaración conxunta, buscarase a caixa número 465.

     

  • Se polo contrario, se trata dunha parella que realicen as declaracións da renda por conta propia, deberase realizar a suma do apartado 455 de cada un dos membros da parella para coñecer a cantidade que vamos a empregar.

 

IPREM

  • Mensual: 564,90€

  • Anual (12 pagas): 6778,80€

  • Anual (14 pasos): 7908,60€

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

A partir do vindeiro martes 24 de xaneiro teremos xornada de portas abertas na EEI O Areal. Necesitarase cita previa para visitar a escola. Chámanos ao 886110151 ou ben escríbenos ao enderezo electrónico eei.oareal@edu.xunta.es

 

 

A continuación detállanse días e horas para as visitas:

 

MARTES 24 de xaneiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 31 de xaneiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 07 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 14 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 28 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

 

Se queres saber máis información sobre a nosa escola, preme o seguinte ENLACE.

 

 

RESERVA PRAZA PARA O CEP SABARIS - CURSO 2023/2024

Infórmase da apertura do prazo de reserva para o alumnado que vai cursar 1º de primaria no CEP de Sabaris. Deberán presentar a solicitude de reserva do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 na secretaría da EEI O Areal, ou ben cubrir a instancia a través da Sede electrónica.

Dispoñen de toda a información na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

No enlace adxunto poden descargar o modelo de solicitude.

- SOLICITUDE EN GALEGO

- SOLICITUDE EN CASTELÁN

Distribuir contido


by Dr. Radut