Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Infórmase da apertura do proceso de admisión do 1 ao 20 de marzo. Poden acceder a toda información na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Lexislación:

 

Formulario de admisión:

 

PREMER AQUÍ PARA LER INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Para recoller ou entregar os formularios de admisión farase en horario de luns a venres de 9:00 a 10:00 horas ou os martes de 15:30 a 17:00 horas.

 

Calquera dúbida ou consulta podedes chamar 886110151 ou ben no enderezo electrónico eei.oareal@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  1. Copia do libro de familia.

  2. DNI/NIE/Pasaporte dos membros da unidade familiar.

  3. En caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial de separación ou divorcio y/o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

  4. Lugar de traballo (en caso de que sexa motivo da acreditación).

  5. Outros específicos dependendo de cada casuística familiar (comprobar ANEXO II).

__________________________________________________________________________________________

 

*INSTRUCIÓNS PARA CALCULAR O IPREM DA UNIDADE FAMILIAR:

  • Para calcular o índice IPREM, tomarás como referencia a última declaración da renda ou IRPF e en ela buscar o apartado 455 para aquelas persoas que realizan dita declaración de maneira única (unha soa persoa).

     

  • En caso de facer a declaración conxunta, buscarase a caixa número 465.

     

  • Se polo contrario, se trata dunha parella que realicen as declaracións da renda por conta propia, deberase realizar a suma do apartado 455 de cada un dos membros da parella para coñecer a cantidade que vamos a empregar.

 

IPREM

  • Mensual: 564,90€

  • Anual (12 pagas): 6778,80€

  • Anual (14 pasos): 7908,60€

 

RESERVA PRAZA PARA O CEP SABARIS - CURSO 2023/2024

Infórmase da apertura do prazo de reserva para o alumnado que vai cursar 1º de primaria no CEP de Sabaris. Deberán presentar a solicitude de reserva do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 na secretaría da EEI O Areal, ou ben cubrir a instancia a través da Sede electrónica.

Dispoñen de toda a información na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

No enlace adxunto poden descargar o modelo de solicitude.

- SOLICITUDE EN GALEGO

- SOLICITUDE EN CASTELÁN

APLICACIÓN ABALARMOBIL

Deixamos enlaces actualizados de axuda sobre a aplicación AbalarMobil.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

A partir do vindeiro martes 24 de xaneiro teremos xornada de portas abertas na EEI O Areal. Necesitarase cita previa para visitar a escola. Chámanos ao 886110151 ou ben escríbenos ao enderezo electrónico eei.oareal@edu.xunta.es

 

 

A continuación detállanse días e horas para as visitas:

 

MARTES 24 de xaneiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 31 de xaneiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 07 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 14 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

MARTES 28 de febreiro: de 15:30 a 17:00 horas

 

Se queres saber máis información sobre a nosa escola, preme o seguinte ENLACE.

 

 

FESTIVO LOCAL: 26 DE SETEMBRO

Recordade que este luns 26 de setembro non haberá escola pola festividade local de San Cosme e San Damián. Vémonos o martes 27.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2022/2023

LETRAS GALEGAS 2022

Aquí están un ano máis, as pegadas en galego que elaboraron os nenos e nenas do Areal. Con elas pretendemos achegar o galego ás familias da nosa escola e tamén á contorna próxima.

 

 

Para iso, durante o día 17 de maio, a panadería Rayti de Baiona encargarase de repartir as nosas pegadas como agasallo do día das letras galegas aos seus clientes.

 

 

Desexamos que lles gusten e que nos escriban ao enderezo electrónico da escola (eei.oareal@edu.xunta.gal) para contarnos que lles pareceu esta iniciativa.

 

Pero… isto non foi o único que fixemos, xa que realizamos outras actividades.

 

Coñecemos a biografía Florencio Delgado e o seu poema “A miña bandeira Galega

 

 

Elaboramos un fermoso mural.

 

 

E desfrutamos coa música das pandeiretas do seu poemario.

 

REUNIÓN 31 DE MAIO DE 2022 - NOVO ALUMNADO

PROCESO DE ADMISIÓN 2022/2023

Rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión, as demandas non superan as vacantes ofertadas, polo que NON SERÁ PRECISO BAREMAR.

No mes de maio teremos a reunión co novo alumnado que comeza no centro o vindeiro curso. Avisaremos da data e hora por este medio.

MES DA POESÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut