AVISO IMPORTANTE!

O VINDEIRO XOVES (EN HORARIO DE TARDE) E VENRES (EN HORARIO DE MAÑÁ: 14:00/14:30H) TERÁ LUGAR A VOLTA CICLISTA. SEDE PRECABIDOS Á HORA DE RECOLLER ÓS VOSOS FILLOS/AS XA QUE HABERÁ CORTES DE TRÁFICO POLA ZONA.

 

DEIXÁMOSVOS A INFORMACIÓN REMITIDA POLO CONCELLO SOBRE OS HORARIOS DOS CORTES DE TRÁFICO.

GRAZAS!

ABALAR MOBIL

Xa podedes descargar a aplicación Abalarmobil tanto se tedes Apple Store como Play Store.

Esta aplicación vainos servir para comunicarnos máis rapidamente con todos vos e tamén para que vós poidades ver todo o relacionado co/a voso/a fillo/a e poidades falar directamente a titora. E moi sinxela de utilizar.

Pasos para a instalación:

1. Buscamos a aplicación en Apple Store (para móbiles IOS) ou en Play Store (para móbiles Android)

2. Dámoslle a instalar e, cando esté instalada, dámoslle a Abrir

 

3. Ao abrir a aplicación, chegaranos un código aos sms, témolo que por para poder continuar.

4.Escribir o noso número de teléfono. Poñer o número que temos no centro.

Aquí pode pasar que vos apareza unha mensaxe que diga "O usuario non existe", esto é porque ese número de teléfono non o temos rexistrado no centro; tamén os pode decir "usuario duplicado", esto é porque tedes o mesmo número de teléfono os dous pais (SE SUCEDE ALGO DE ESTO ACERCÁDEVOS AO CENTRO)


5. Escribir un contrasinal (o que queirades)

 

6.Finalizar o rexistro

 

Tedes a guía completa AQUI

 

RESUMO NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO

RECORDATORIO

O mércores día 11 comeza a escola polo que deberedes traer os documentos asinados (Normas de Convivencia; Autorización do uso de imaxes, etc.)

As familias que fagan uso do TRANSPORTE ESCOLAR e do COMEDOR o primeiro día de curso, serán as encargadas de avisar á empresa e de levar a documentación.

Por último deixámosvos as novidades de materiais deste curso:

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!

O SEPRONA

HOXE VISITOUNOS NA ESCOLA O SEPRONA. FIXEMOS XOGOS ONDE APRENDIMOS A IMPORTANCIA DE PROTEXER Á NATUREZA E ÓS ANIMAIS.

ADEMAIS RECORDÁRONNOS O PERIGO QUE TEÑEN OS INCENDIOS FORESTAIS E QUE MEDIDAS PODEMOS TOMAR PARA EVITALOS.

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

REVISTA DIXITAL “AREAS DA LADEIRA”

Presentámosvos con moita ledicia o noso último traballo: a II edición da nosa revista dixital “Areas da Ladeira”.

Nela vades atopar diferentes contidos relacionados coas actividades que desenvolvemos na escola.

Aquí podedes visualizar o noso traballo.

Para lela con máis calma podedes descargala na ligazón que aparece na parte de abaixo.

https://drive.google.com/file/d/12mT9iR3HpfWbZ-N_J8J0xUQkd02LlM2u/view?usp=sharing

Esperamos que vos guste!

 

O GROVE

O PASADO MARTES FIXEMOS UNHA SAÍDA O GROVE.

PRIMEIRO VISITAMOS O ACUARIO ONDE PUIDEMOS OBSERVAR NUMEROSAS ESPECIES MARIÑAS.

 

DESPOIS, XANTAMOS TOD@S XUNTOS E DIRIXIMONOS A UN BARCO PARA DAR UN PASEO POLA RÍA DE AROUSA.

PASÁMOLO EN GRANDE!

PODEDES VER TODAS AS IMAXES NA GALERÍA DA WEB.

SAÚDE BUCODENTAL

Esta mañá recibimos na escola a visita dunha hixienista dental. Aprendimos unha morea de cousas sobre a importancia dunha boa alimentación, o nome dos dentes e seu coidado, para así previr a aparición das caries.

Foi moi interesante!

TEMOS NOVAS DAS PEGADAS!

Na escola estamos moi contentos/as porque recibimos dous correos electrónicos de dúas persoas que foron agasalladas o Día das Letras Galegas coas pegadas do noso alumnado (coa de Breixo, de 6º de infantil e coa de Miguel, de 4º de infantil) na Librería Vernet de Baiona.

Grazas por participar nesta actividade con nós e por escribirnos estas fermosas palabras:

  • Carlos: “Moitas grazas a Breixo polo seu magnífico traballo e a todo o centro pola iniciativa”.
  • José Ramón: “Recibín a orixinal pegada con moita ledicia na Librería Vernet. Noraboa”.

E aquí a foto que nos mandaron da pegada de Breixo enriba do libro de Antón Fraguas que mercou Carlos.

LETRAS GALEGAS 2019

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Este ano dedícanse a Antonio Fraguas, o cal fixo un importante labor na defensa da nosa cultura.

Na escola, un curso máis, fixemos diferentes actividades relacionadas con esta data.

 

UN MURAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


AS PEGADAS EN GALEGO

Esta fermosa actividade iniciouse o curso pasado. Cada nena/o da escola elabora a súa pegada cunha palabra en galego e un debuxo relacionado coa mesma. Ademais complétase co seu nome e o curso ao que pertence. Unha vez rematadas entregáronse en dúas librarías de Baiona e a biblioteca munipal, que se encargarán de repartilas como agasallo durante a tarde do 16 e a mañá do 17 de maio. Así poderemos espallar as nosas letras en galego tratando de chegar a moita xente. Lembrade que o ano pasado unha das nosas pegadas chegou a Polonia.


 

 ACTUACIÓN DE ESTEBAN DE TARABELOS

Un ano máis Esteban deleitounos cunha función entretidísima titulada “Sabela e o paxaro máxico”. Quedamos coa boca aberta coa representación e o escenario que nos montou.

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CON ESTE DÍA

Na escola tamén se realizaron outras actividades para dar a coñecer ao noso alumnado a vida e obra do homenaxeado. Fixeron xogos na pizarra dixital, pequenos traballos en papel, escoitaron versos…

 

 

E xa para rematar, para os máis curiosos/as  deixamos unha ligazón na que podedes descargar un díptico con máis información sobre Antón Fraguas.

http://seminariogalan.org/2019/ditico_aff.pdf