Informámosvos que a listaxe provisional do novo alumnado atópase publicada no taboleiro da entrada da escola.
Todas as solicitudes cursadas están admitidas.
Benvidas familias!.
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2023/ 2024 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.
Documentación necesaria:
Prazos:
Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 110 263 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal
Queridas familias, informámosvos que a partir do día 1 de marzo e ata o vindeiro martes 21 a nosa escola súmase á quinta edición da campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participaremos todos os centros educativos da vila.
Vantaxes desta campaña:
Moitísimas grazas pola vosa colaboración.
Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 28 de febreiro comezamos coas Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola.
Lembrade confirmar cita a través do seguinte formulario (ligazón) ou chamando ao 886 110 263.
Deixámosvos unha breve presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.
O luns 21 de novembro comezamos na nosa escola unha recollida solidaria de Nadal!. Todo o recaudado irá a favor do Comedor Social de Cangas. A campaña está aberta para todas as persoas de Moaña e arredores que queiran participar.
Podedes colaborar nesta iniciativa achegando alimentos (priorizan leite, galletas, cereais e colacao, aínda que serve todo tipo de alimentos non perecedoiros) ou xoguetes que xa non usedes na casa e estean en bo estado.
Recolleremos alimentos e xoguetes dende o luns 21 de novembro ata o 16 de decembro, en horario de 14:30h. a 16:00h. As familias da EEI DO CON podedes entregalos cando veñades á escola ou ao recoller as vosas crianzas.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Adxuntamos o calendario escolar para o presente curso 2022/2023.
Na seguinte ligazón podedes acceder á orde que aproba o calendario escolar establecido pola Consellería de Educación.
Aos festivos que figuran no calendario proporcionado pola Xunta, engádense o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña) e o 2 de maio, elixido por todos os centros educativos de Moaña como día non lectivo.
Poñemos á vosa disposición unha calculadora da Xunta para facilitar o cálculo do importe das tarifas polo uso do comedor escolar en función da renta per cápita da unidade familiar do exercicio 2021.
Xa temos unha nova edición do noso Caranvexornal. Nesta ocasións as nenas e os nenos da nosa escola comentan algunhas das propostas realizadas dentro do proxecto "Roteiros con arte".
Agardamos que vos guste!.
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2022/ 2023 será do 1 ao 21 de marzo.
A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica (enlace) da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.
Documentación necesaria:
- Anexo II cuberto e asinado por ambos proxenitores.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Fotocopia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).
Prazos:
- Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.
- Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.
Nesta nova edición do Caranvexornal os nosos reporteiros infórmanvos como conmemoramos o "Día Internacional da Educación" e o "Día escolar da non Violencia e da Paz" na nosa escola.
Temos aos mellores reporteiros do mundo!
Esperamos que vos guste.
Chega o Entroido á nosa escola!
A continuación atoparedes os mandados do Meco que comezarán a semana que vén. Lembrade que son acumulativos.
Moitas grazas pola vosa colaboración familias.
Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 15 de febreiro comezamos as Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola. Poñemos a vosa disposición unha presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.
Debido á actual situación sanitaria faranse grupos reducidos para poder garantir as distancias e as medidas COVID de forma segura. Se queredes coñecernos podedes chamarnos ao teléfono 886 110 263. Agardámosvos!
Queridas familias, informámosvos que a partir de hoxe día 1 de febreiro e ata o vindeiro luns 21 a nosa escola súmase á campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participamos todos os centros educativos da vila.
Vantaxes desta campaña
Moitísimas grazas pola vosa colaboración.