Inicio                         

 

 

EEI DO CON

A EEI Do Con é unha escola activa onde os nenos e as nenas son os protagonistas das súas aprendizaxes. Unha escola para a vida baseada na exploración, na manipulación, na creatividade, o xogo... e onde todos e todas se desenvolven positivamente sexan cales sexan as súas características, intereses e necesidades, respectando así dende unha escoita activa as cen linguaxes dos nenos.

Axudas Fondo libros e material escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para o alumnado que, no próximo curso, vaia cursar 1º de Educación Primaria. Na seguinte ligazón podedes atopar a convocatoria.

Forma de presentación:

  • Preferiblemente por sede electrónica: ligazón
  • Opcionalmente, poderá presentarse presencialmente nos centros onde se vaia cursar a educación primaria.

Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

Lembrade que se entregará unha única solicitude por todos os irmáns que cursen a mesma etapa

Prazo de presentación: Do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.

Descargar pdf dos Anexos I e II

Máis información

Campamento de verán do Concello

Achegamos información sobre o campamento de verán organizado polo Concello de Moaña. 

BECAS ACNEAE 2024-2025

Do 30 de abril ao 13 de setembro queda aberto o prazo para solicitar axudas individuais para estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo.

Destinatarios: alumnado con

  • Discapacidade igual ou maior ao 25%
  • Trastorno grave da conduta
  • Trastorno grave da comunicación e linguaxe
  • Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade asociado a trastorno de conduta ou discapacidade do 33%
  • Altas capacidades
  • Trastorno de espectro autista

Proceso:  Na sede electrónica do Ministerio de Educación 

Normaliva de referencia:

  • Convocatoria NEAE
  • Extracto Resolución 12 abril 2024

Información e explicación do proceso: Ligazón

Pasos finais:

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

Está publicada no taboleiro de anuncios do interior da escola a listaxe co alumnado admitido para o vindeiro curso. 

Todo o alumnado que solicitou praza na nosa escola está admitido.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. A principios de xuño avisaremos do procedemento e da documentación necesaria.

Benvidas familias!

Calendario escolar 2024_2025

A Consellería de Educación publicou no DOGA a orde do calendario escolar para o vindeiro curso escolar 2024-2025. Podedes atopar a información na seguinte ligazón.

21 días en galego

Queridas familias, informámosvos que do 2 ao 22 de abril sumámosnos a unha nova edición da campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado en prol da nosa lingua e no que participaremos todos os centros educativos da vila. Ao longo destes 21 días o alumnado tentará falar en galego tanto na escola como fóra do ámbito educativo polo que precisamos da vosa colaboración, sería moi motivador que tamén as familias empreguedes o galego nos ámbitos máis coloquiais.

Vantaxes desta campaña:

  • Conseguir fluidez na expresión oral.
  • Está demostrado que as persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidades para adquirir outros idiomas.
  • Mostrar interese pola nosa cultura e reverter o abandono do noso idioma que podería levar ao seu esmorecemento 

 Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

Proceso de admisión curso 2024/2025

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/ 2025 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para presentar a solicitude podedes seguir unha das opcións descritas a continuación.

Xornada de portas abertas

Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 27 de febreiro comezamos coas Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola.

 

Podedes confirmar cita a través do seguinte formulario (ligazón), correo electrónico (eei.docon@edu.xunta.gal) ou chamando ao 886 110 263.

Deixámosvos unha breve presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.

Reserva de praza en centros adscritos

Dende o 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos á EEI Do Con (CEIP Quitela e CEIP Tirán).

As solicitudes poderanse presentar:

  • Preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación AdmisionAlumnado, no menú Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude. Podedes cubrir a solicitude e asinar telemáticamente na Sede Electrónica (só con certificado dixital e CHAVE365) ou cubrir e presentala na nosa escola.
  • Presentar a solucitude presencialmente na EEI Do Con (modelo ED550A).

As familias que NON escollan un centro adscrito terán que facer a admisión ordinaria a partir do 1 de marzo

Manual de axuda para as familias (ligazón)

Normativa vixente

Recollida de alimentos

 

Hoxe comezamos na nosa escola unha recollida solidaria de alimentos. Está aberta para todas as persoas que queiran colaborar achegando alimentos (priorizan leite, galletas e cereais, aínda que tamén serven non perecedoiros.

Podedes achegarvos de luns a venres de 14:30h. a 16:00h. dende o 20 de novembro até o 15 de decembro (as familias do centro podedes traer os alimentos á entrada ou á saída).

Todo o recaudado irá a favor do Comedor Social de Cangas.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Documentos Plan madruga 23/24

Xúntase a documentación necesaria para inscribirse no Plan Madruga 2023 - 2024.

Calquera dúbida sobre o servizo podedes contactar a través do seguinte correo electrónico:  federacionanpasarcodavella@gmail.com.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023 - 2024

Xúntase o calendario escolar para o curso 2023 - 2024.

Na seguinte ligazón podedes atopar á orde que aproba o calendario establecido pola Consellería de Educación.

Aos días non lectivos que figuran no calendario engadiranse o 13 de outubro e o 20 de maio, elixidos por todos os centros educativos de Moaña e aprobados pola Xefatura Territorial de Educación.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

Xúntase o modelo de Autodeclaración para a solicitude de comedor do vindeiro curso académico (2023/2024) e unhas breves instruccións para poder cumprimentalo de forma correcta. Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería para realizar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. Ligazón de acceso á calculadora: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp. Tamén tedes á vosa disposición a documentación no centro.

Podedes entregalo ata o venres 21 de xullo.

Calqueira dúbida ou aclaración que precisedes podedes contactar connosco a través do correo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 886 110 263.

MATRÍCULA CURSO 23-24

Para formalizar a matrícula do curso escolar 2023 - 2024 na EEI do Con deberedes presentar, entre os días 20 e 30 de xuño, a seguinte documentación na nosa escola:
 
- Impreso da matrícula, Anexo III-1 (premer aquí)
- Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da nena ou do neno.
- Certificado médico.
- Dúas fotos tamaño carné actualizadas.
- Certificado de minusvalía, de ser o caso.
- Impreso de autorización para uso de imaxes (premer aquí)
 
Lembrámosvos que o vindeiro venres 23 de xuño ás 12:ooh. realizaremos unha reunión para as novas familias da nosa escola.
 
 

8º Caranvexornal da EEI Do Con

Xa temos unha nova edición do noso Caranvexornal!

Nesta ocasión, as reporteiras e os reporteiros da nosa escola comentan propostas relacionadas co proxecto deste ano "Con Saúde", 21 días en galego, biblioteca e unha última nova moi especial para nós.

 Agardamos que vos guste!

Listado provisional de novo alumnado

Informámosvos que a listaxe provisional do novo alumnado atópase publicada no taboleiro da entrada da escola.

Todas as solicitudes cursadas están admitidas.

Benvidas familias!.

Distribuir contido