PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/2019

Comeza o proceso de admisión do alumnado para o curso 2018/2019.

CALENDARIO:

Presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de Marzo.

Resolución provisional: As listaxes provisionaisde alumnado admitido e non admitido publicaranse con anterioridade ao 25 de abrile poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Resolución definitiva: As listaxes definitivasde alumnado admitido e non admitido publicarase con anterioridade ao 15 de maio, e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • Anexo II: o formulario normalizado (ED550B)será facilitado gratuitamente na sede do C.R.A. (situada na escola de Taraza) ou en calquera das escolas do C.R.A. e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

    As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

    Tamén poderán presentarse de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.

    A solicitude entregaráse no centro que se solicite en primeiro lugar.Estará asinada polo pai e pola nai ou polos titores legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente.

    Cada solicitante presentará unha única solicitude.

  • DNI ou libro de familia,para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.

  • DNI dos paisou titores legais.

  • Copia da tarxeta sanitaria.

  • Certificado de empadroamento

  • Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.

     

A documentación presentaráse na sede do CRA de Valdoviño (Escola de Taraza 1º andar)

 

TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA

 

O horario de atención ao público é de luns a venres de 09:30 a 11:10 h.

 

NORMATIVA APLICABLE

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012) pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos

  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013