CRA MONTERREI

O CRA MONTERREI está situado no val de Monterrei entre os concellos de Verín e Monterrei na provincia de Ourense. Recolle nenos e nenas de catro aldeas con moi pouca distancia entre elas. Pertencentes ao concello de Verín son as aulas de Feces de Abaixo e Pazos, ao de Monterrei as aulas de Vences e Vilaza. A sede de traballo e reunións tanto de Claustro como de Consello Escolar está en Albarellos.

A xornada lectiva deste centro é partida, pola mañá de 10:00 a 13:00 e pola tarde de 14:45 a 16:45. Non conta con comedor escolar.

Na actualidade hai matriculados 40 nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Nas aulas conviven diariamente os cinco niveis educativos.

Este é o mapa da situación das  nosas escolas: