COMEDOR ESCOLAR 2021/2022
COMUNICADO DEL ANPA
A Anpa das Escolas Rurais do Rosal, María Zambrano comunica que vimos de firmar o Convenio do Concello do Rosal co se nos concede a subvención solicitada para o servizo de comedor escolar (servizos de catering, monitora e transporte) con valor de 2.250€ para o ano 2021.
Como todas e todos sabedes o servizo de comedor é moi importante para facilitar a conciliación en igualdade pero, no caso das nosas escolas, dispersas no territorio, se encarece moito por mor da necesidade de transportar ao alumnado dende as súas respectivas aulas ata a sede de Marzán. Por este motivo, esta subvención ten un valor considerable para garantirmos a permanencia no tempo dun servizo útil e necesario para moitas familias socias.
Actualizamos a Información referida ao comedor escolar neste curso 2021/2022
Neste enlace tedes tanto o formulario para a Inscipción no Comedor, como a Normativa que se levará a cabo neste curso.
Moitas grazas e bo proveito!