Obradoiro sobre prantas - Maio 2016
Toia veu o luns a presentarnos as plantas coas que traballaríamos. Eran aloe vera, ruda, acanto, herba luisa, albahaca, menta, nébeda e romeu.
O martes vimos uns vídeos nos que lembramos que para que unha planta viva necesita sol, auga e nutrientes da terra. Tamén que unha planta pode morrer por falta de osíxeno, por falta de auga e por ter demasiada auga.
Logo fixemos un cadro no que puñamos o nome da planta, para que nos pode valer, coma se usa, que partes se utilizan e que produtos podemos obter dela. Toia ensinounos cremas e aceites.
Despois fixemos un debuxo da nosa cara nun papel que era a cuarta parte dun folio.
O xoves Toia volveu e, coa axuda de Eugenia, fomos plantando por grupos. No primeiro estabamos Lucía, Iago, David Martínez, Pablo, Martín, Sheila e Sara. No segundo Valeria, Nicolás, David Castro, Aarón, Borja, Sabela e Antía. Plantamos lavanda, menta, aloe vera, romeu, albahaca, herba luisa, salvia, herbaboa e stevia. Nun vaso grande puxemos o debuxo plastificado da nosa cara, e plantamos herba de gato. Tamén stevia, que mastigamos e cheiramos, sabía doce. Tamén cheiramos ruda, que trouxo Lucía. Tomamos unha infusión de herba luisa.