Skip to Content

Entroido - Febreiro 2017

23/02/2017 09:00
23/02/2017 14:00

Celebramos o Entroido todas e todos xuntos na escola de Novás. Alí facemos un desfile por colexios onde as familias poden ver os disfraces que traballaron as nenas e nenos para este día. Todo isto acompañado de música e moita diversión. Despois podemos comer moitas cousas ben ricas que traen as familias para a merenda especial deste día. É unha xornada de festa para desfrutar!

Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio con algo pintado na cara, algún complemento "elegante" e un pixama. O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio disfrazado dun país ou universo: a escola de Pías de Brasil, a de Novás e Marzán de Inglaterra, a de Fornelos de planetas e universo, a de Couso de China e a de Tabgón de Italia.

Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.

Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.

Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de deporte en familia do CRA.

E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.

Para rematar a semana o venres viñemos a clase disfrazados como máis nos gustou.

 



actividade | by Dr. Radut