Skip to Content

Circulares da ANPA

 

2017/06 Reunión fin de curso: A ANPA convoca unha reunión para socios e socias de final de curso  o 27 de xuño ás 20:30 na sala de exposicións do Concello do Rosal.

2017/06 Premiados das rifas da ANPA: Os números premiados nas rifas da ANPA son "0848" (primeiro premio) e "7856" (segundo premio).

2017/06 Festa de fin de curso: A ANPA organiza unha festa de fin de curso o 10 de xuño de 16:00 a 19:30 en Eiras con inchables, música, bailes, maquillaxe, agasallos e merenda.

2017/05 Excursión fin de curso: A ANPA organiza unha excursión de fin de curso o 27 de maio durante todo o día a Magikland, en Penafiel (Portugal).

2017/05 Rifas fin de curso: A ANPA organiza unhas rifas para fin de curso ata o 26 de maio.

2017/04 Obradoiro de Pascua: A ANPA organiza un obradoiro de Pascua o 4, 6 e 7 de abril de 16:30 a 18:00 no Concello.

2017/03 Agradecemento ás familias: Nota de agradecemento ás familias pola colaboración e éxito do mercadillo no entroido.

2017/02 Mercado caseiro: A ANPA organiza un mercado con produtos da casa aportados polas familias o 24 de febreiro no día da festa de Entroido que se celebrará na escola de Novás.

2017/02 Reunión sobre as saídas anuais: A ANPA convoca ás familias do CRA a unha reunión para coñecer a opinión sobre as saídas escolares do presente curso. Terá lugar o 7 de febreiro ás 20:00 na sala de exposicións do Concello do Rosal.

2016/12 Festa de Nadal: A ANPA organiza unha festa de Nadal o 17 de decembro de 16:00 a 19:30 no pavillón das Solanas (A Guarda).

2016/12 Obradoiro de Nadal: A ANPA organiza un obradoiro de Nadal o 15 e 16 de decembro de 16:30 a 18:00 no Concello.

2016/10 Obradoiro de Samaín: A ANPA organiza un obradoiro de Samaín o 25, 27 e 28 de outubro de 16:30 a 18:00 no Concello.



page | by Dr. Radut